Site icon Crónica3.com A Mariña

O atleta de Viveiro Cristobal Rodríguez nominado a mellor pentatlea galego de elite absoluto 2012

Nota de prensa
GALA ANUAL DO PENTATLON MODERNO E TRIATLON DE GALICIA

CRISTOBAL RODRIGUEZ NOMINADO A MELLOR PENTATLETA GALEGO EN ELITE ABSOLUTO 2012

“O DEPORTISTA DE ARENA, MARCA QUE O PATROCINA NO SECTOR DE NATACIÓN PODRIA ALZARSE POR QUINTA VEZ CONSECUTIVA CON ESTE PRESTIXIOSO GALARDÓN”

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno homenaxeará o sábado 4 de febreiro ás e aos

mellores deportistas do ano 2011 nunha gala que se celebrará na localidade de Narón (17:00 horas no Auditorio Municipal).

En total premiaranse a uns 50 deportistas (triatletas e pentatletas), correspondentes as diferentes categorías (dende alevín ata veteráns 3) masculina e feminina, polos resultados acadados nos campionatos galegos oficiais, que ademais recollerán os premios económicos correspondentes.

Ademais destes premios, tamén haberá un recoñecemento para as promesas do tríatlon e do péntatlon, así coma aos mellores deportistas elite e o mellor club de tríatlon. Para iso, un xurado composto por xornalistas e o director técnico da federación elixirá entre as e os deportistas nomeados, entre os que se atopa Javier Gómez Noya, Cristobal Rodriguez Fidalgo, Iván Raña ou Marta Jiménez . Tamén serán recoñecidas as institucións que apoiaron ao tríatlon, así coma pola organización do mellor evento deportivo.

Exit mobile version