Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG asegura que a unión é garantía de futuro para o Val e aposta pola fusión dos concellos de Alfoz e Valadouro

Nota de prensa

“A UNIÓN É GARANTÍA DE FUTURO PARA O VAL”

A proposta de O fusión dos concellos de Alfoz e Valadouro ten dous argumentos fundamentais:

Evitar a morte do Val do Ouro, Val que está formado por dous concellos que en breve baixarán de categoría, que cada día lles costa máis prestar servizos e cada día contan con menos recursos, en segundo lugar unir de forma administrativa unha realidade xeográfica, demográfica, económica e social, que son comúns dende fai moito tempo.

É a propia Xunta de Galicia quen argumenta que o actual mapa municipal de Galicia e totalmente insostible económicamente, e igualmente argumentan que as iniciativas de fusión de concellos deben partir dos propios concellos e non da Xunta para garantizar o éxito dos procesos.

Parece ser que “os únicos que non se decatan que non é normal continuar a duplicar servizos en ambos concellos do Val son os alcaldes”, que “coa súa torpeza tan só garantiran que nun futuro moi cercano tan só queden xubilados no Val sin persoas que os poidan coidar”.

Cando nos introducimos por primeira vez a idea na unificación no 1995, dende o pp ainda falaban de separar concellos, hoxe que planteamos a fusión de forma oficial o pp empezan a falar de mancomunar servizos, “dende o pp andan continuamente a remolque, esperan sempre a que sexan as circunstancias as que os obriguen a tomar medidas, non teñen ningunha capacidade de previsión”.

Nós planteamos o comezo do proceso de fusión dos concellos, nós queremos que se realicen uns estudos a fondo, dende o punto de vista, social, económico, demográfico e xeográfico.

Tamén nos gustaría que se realizase un referendo para que os veciños poidan manifestar a súa vontade.

Pero é necesario que o proceso comence xa, son procesos largos, e non se pode esperar a que a situación sexa irreversible.

Aquí no Val do Ouro, xa se teñen mancomunado servizos que nunca funcionaron, existe unha mancomunidade entre ambos concellos que está baleira de contido, anque ahora, Lousas e Lamela, cando ven peligrar seu sillóns volven a falar de mancomunar.

“Nun momento no que se fala de recortar o que non se pode e crear máis institucións, crear outros organismos, chamarlles mancomunidades e depois crear máis liberacións para pagarlle o soldo a máis políticos”.

Exit mobile version