Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia o deterioro na prestación sanitaria na comarca da Mariña

Nota de prensa

O BNG DENUNCIA O DETERIORO NA PRESTACIÓN SANITARIA NA COMARCA DA MARIÑA

O deputado do BNG, Manuel Parga interpela ao Goberno galego ante o deterioro dos servizos do Hospital da Costa e pregunta polas previsións para reducir as listas de espera e diminuír os resultados das probas diagnósticas

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro , 2012. Os deputados do BNG, Manuel Parga e Ana Luísa Bouza interpelan ao Goberno galego sobre o deterioro dos servizos sanitarios no Hospital da Costa e piden prazos e investimentos para resolver a actual situación de deterioro desta área sanitaria.

Os nacionalistas denuncian que os investimentos destinados para o Hospital da Costa, (283.662 reflectidos nos orzamentos do ano 2012) estarán dedicados a diferentes reformas mentres o plan director de infraestruturas para Galiza 2008-2013 con 9,3 millóns de euros contemplaba a mellora no acceso aos servizos , potenciar unha alta resolución e facilitar a continuidade asistencial.

Para os deputados do BNG, o Goberno galego segue incumprindo as súas promesas ao frear a licitación do Plan Director o que está a ocasionar gran preocupación da cidadanía ante os continuos recortes e desmantelamento progresivo da área sanitaria.

Os parlamentarios tamén denuncian a actual situación das listas de espera que segundo os últimos datos coñecidos de 30 de setembro de 2011 colocaban ao hospital da Costa no “penúltimo lugar de Galiza en cirurxía” cunha espera media de 111,4 días fronte a unha media de 93,4 días no conxunto do país.

Parga e Bouza preguntarán ao Goberno galego polos prazos e investimentos previstos para a ampliación e o aumento de servizos no Hospital da Costa así como polas medidas destinadas a reducir as listas de espera.

Exit mobile version