Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG do Val do Ouro suma apoios para a fusión dos concellos

Nota de prensa:
O BNG DO VAL DO OURO SUMA APOIOS PARA A FUSIÓN

Representantes do Bng do Val do Ouro reuníronse onte día 5 de xaneiro
as 21:00 horas cos representantes do Psoe de Alfoz, co fin de
continuar a ronda de contactos para buscar apoios, con todas as forzas
políticas presentes en Alfoz e O Valadouro.
“Continuamos a mostrarnos moi satisfeitos cos resultados que estamos a
obter das nosas reunións”, “dende o Psoe de Alfoz mostráronse
favorables a apoiar a nosa iniciativa, comprendérona, e amosaron o seu
punto de vista común o noso na inmensa maioría dos puntos”
“É moi importante deixar os partidismos a un lado e sumar esforzos
todos xuntos para este fin común, que é claramente beneficioso para
todos os veciños do Val”
“Dende o Bng queremos que todo o mundo se poida sumar a esta
iniciativa, xa que é unha iniciativa por e para toda a xente do Val”

Exit mobile version