Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG leva ao Parlamento a situación da empresa Ecesa de Burela

Nota de prensa

O BNG LEVA AO PARLAMENTO A SITUACIÓN DA EMPRESA “ECESA” DE BURELA

O deputado do BNG, Manuel Parga pregunta que medidas porá en marcha o Goberno para consolidar o emprego nesta empresa e dinamizar económica e laboralmente a comarca da Mariña

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro , 2012. O deputado do BNG, Manuel Parga Núñez presenta unha pregunta parlamentaria ao Goberno sobre a actual situación da empresa de explotacións de caolín Cerámicas Españolas S.A, (ECESA), de Burela que na actualidade se atopa en concurso voluntario de acredores e presentou dos expedientes de regulación de emprego que conlevaron o despedimento de 10 traballadores e paralización da actividade doutros 30.

Parga engade que o xulgado do mercantil ditou un auto que recoñece a disolución da empresa que provocará o despedimento dos seus traballadores ante o cal, só cabe –ao seu xuízo-, “unha reacción do Goberno” para establecer “coa máxima urxencia” compromisos concretos cos afectados, co emprego e coa dinamización económica da comarca da Mariña de Lugo.

Neste sentido, o parlamentario preguntará polas medias previstas polo Goberno galego para paliar a “difícil situación económica” da comarca da Mariña que está a provocar un progresivo e constante “desmantelamento” da actividade produtiva e económica e “gravísimas consecuencias” para a súa poboación.

Parga agarda que o Goberno responda con rotundidade e abandone a súa actitude pasiva ante a destrución do emprego nesta comarca.

Exit mobile version