Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS Pescados Rubén e o ala-pivote Dani Martín chegaron a un acordo para pechar a rescisión do contrato

Nota de prensa

O BURELA FS ANUNCIA A SAÍDA DE DANI MARTÍN

O Burela FS Pescados Rubén e o ala-pivote salmantino Dani Martín chegaron a un acordo esta mesma mañá para pechar a rescisión do contrato que mantiñan ambas as partes. A entidade laranxa comunicoulle ao xogador a decisión de prescindir dos seus servizos como “a mellor opción para as dúas partes, posto que Dani Martín viña disputando poucos minutos nos últimos encontros e este paso daralle a posibilidade de consolidarse noutro equipo”.

“Agradezo á afección, os compañeiros e representantes da directiva o apoio amosado” dixo Dani Martín na súa despedida do Burela FS; o xogador tamén adiantou que será “presentado no meu novo destino entre hoxe e mañá”.

O salmantino, de 23 anos, regresou á entidade mariñá a comezos de 2011-12 despois dunha tempada no Carnicer Torrejón, da Primeira División. En 2009-10 xa defendeu a elástica laranxa, como máximo goleador do equipo.

Exit mobile version