O cadro de Pardeiro sobe á sétima praza coa 2-5 ante as pucelanas
egl
Nota de prensa:
O CADRO DE PARDEIRO SOBE Á SÉTIMA PRAZA CO 2-5 ANTE AS PUCELANAS
O Burela FS Pescados Rubén referendou o seu bo momento onte impoñéndose con 2-5 ante as valisoletanas, un resultado que lle fai subir ao cadro de Pardeiro ata a sétima praza (22 puntos).
Aínda que as primeiras ocasións recaeron nos pés do conxunto pucelano, foron as laranxas as que tomaron o control do xogo e do marcador con dous tantos moi próximos de Dolo (minutos 9 e 10). O Pescados Rubén mantivo a vantaxe de 0-2 ata o asubío do descanso.
No segundo período, a expulsión de Rosángela, por dobre amarela, desencadeou no 0-3 (minuto 22) para as burelás, coa sinatura de Haydee. Aínda que con certa resistencia, o Pescados Rubén puido ampliar as distancias superado o ecuador cun lanzamento de Peque (minuto 31) dende fóra da área. Dous minutos despois, parecía que o Valladolid volvía ao partido co 1-4 de Sandra, que se viu neutralizado nuns segundos por unha nova aparición de Peque (34). Xa na recta final, Leti adornou as contas locais con 2-5 (37), aínda que sen oportunidades reais para remontar no marcador.
Partido perteneciente a la 13ª jornada de la temporada 2011/2012.