Site icon Crónica3.com A Mariña

O CeMIT de Ribadeo acollerá ao longo dos dous primeiros meses deste ano catro cursos

Nota de prensa

O CEMIT DE RIBADEO ACOLLERÁ AO LONGO DOS DOUS PRIMEIROS MESES DESTE 2012 CATRO CURSOS.

Ribadeo, 16 de xaneiro de 2012. O CeMIT de Ribadeo acollerá ao longo dos dous primeiros meses deste ano catro cursos, segundo informa a Concellaría de Mocidade e Sociedade da Información que dirixe Xavier Campos. Están programados para os días 25, 25 e 26 de xaneiro un sobre correo electrónico, para os días 6, 7, 8 e 9 de febreiro un sobre redes sociais, os días 14 e 15 de febreiro terá lugar un sobre descarga de fotos da cámara dixital ou do móbil e os días 28 e 29 de febreiro un curso sobre administración electrónica e trámites electrónicos.

Sonia López, axente TIC no telecentro de Ribadeo, explica que “o curso sobre correo electrónico está dirixido a persoas cun manexo mínimo do ordenador que queiran crear e aprender a administrar unha conta de correo. No curso sobre redes sociais os asistentes aprenderán a crear un perfil de facebook tendo en conta a seguridade e a privacidade. No curso de descarga de fotos os alumnos aprenderán a descargar as fotos da cámara dixital ou do móbil e a gravalas nun dvd, ou dispoñelas en álbumes organizados no ordenador para envíalas por correo electrónico ou publicalas en redes sociais. E no curso de administración electrónica coñecerán en qué consiste e os trámites máis habituais sen necesidade de contar con certificado dixital nin carné electrónico”.

O número de prazas por curso é de 8. Os interesados poden achegarse ao telecentro ou chamar por teléfono ao 982 120 732.

A Concellaría de Mocidade e Sociedade da Información xa ten programados varios cursos para os meses de marzo e abril: primeiros pasos na informática e en internet; prepara o teu currículo con libre office writer e buca de emprego en internet.

Exit mobile version