Site icon Crónica3.com A Mariña

O concelleiro de Obras de Viveiro explica que as obras da ponte de Verxeles cumpren co plan de seguridade

Nota de prensa

As obras da Ponte de Verxeles, promovidas por FEVE, cumpren co establecido no Plan de Seguridade e Saúde. A responsabilidade da vixiancia da seguridade non é directamente do Concello, senón de FEVE, e da propia empresa que as executa. A pesar diso o Concello de Viveiro, fai un seguemento de todas e cada unha das obras que se realizan no interior do Termo Municipal, para garantirlles a todas as veciñas e veciños a seguridade durante a execución das mesmas cun equipo técnico propio”

Os técnicos municipais, no momento que detectan unha deficiencia en canto ás medidas de seguridade, notifícanllo de forma inmediata tanto á Dirección de Obra, como aos Coordinadores de seguridade e saúde, responsables da seguridade da mesma, figuras que existen en todas as obras de construcción, obligatoriamente por lei”

A realidade é que se están a executar 2 obras distintas na zona de Verxeles, unha promovida polo Concello de Viveiro, a das beirarrúas e servizos dende Xunqueira ata a Ponte do Tren, en ambas marxes, e outra promovida por FEVE, de ampliación da ponte do tren, obra que inclue as beirarrúas tamén en ambas marxes. Nas obras de titularidade municipal, todas as eivas que existiron en canto a seguridade se arranxaron de xeito inmediato, e o que diga o contrario, falta á verdade.

Estas obras, supoñen unha enorme mellora, das condicións nas que se atopaba unha das principias entradas a nosa Cidade, modificando e mellorando completamente a imaxe e a circulación dos cidadáns por debaixo da Ponte de Feve, ampliando notablemente as beirarrúas, para que dunha vez por todas, non teñan que circular pola estrada, poñendo en perigo a súa vida, como se viña facendo dende hai máis de 30 anos. Ademais, de incorporar un novo alumeado e novo mobiliario urbano.

Bernardo Fraga, Concelleiro de Obras, declarou esta mañá: “Solicitamos por parte das veciñas e veciños de Xunqueira, unha pouca máis de comprensión xa que todas as obras se fan para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños, e esta en concreto, mellora ampliamente as condicións anteriores”.

“Así mesmo, pedimos responsabilidade e respeto polas medidas de seguridade e as sinais de corte das beirarrúas. Somos coñecedores, de que resulta incómodo ter que dar un rodeo polo paso de peóns fronte a Michelín, para logo volver a cruzar no paso de peóns da variante. Pero trátase dunha medida temporal, para garantir a súa seguridade”

Exit mobile version