Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela anuncia que vai retomar en febreiro o programa Preescolar na Casa-Educar en Familia

Nota de prensa

O CONCELLO RETOMARÁ EN FEBREIRO O PROGRAMA PREESCOLAR NA CASA-EDUCAR EN FAMILIA. DIANA DURÁ CONVOCA AOS PAIS A XUNTANZAS INFORMATIVAS.

Burela, 21 de xaneiro de 2012. O Concello de Burela seguindo co seu compromiso de apoio ás familias vai a retomar, no mes de febreiro, o programa Preescolar na Casa-Educar en Familia, segundo ven de informar a Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade.

Diana Durán sinalou que “éste é un programa sen custo algún, dirixido ás familias que teñen nenos e nenas de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos, que pretende acompañar a labor de educadores e educadoras dos pais e axudalos a resolver calquera dúbida que se poida presentar na crianza dos fillos e fillas”.

As reunións de convocatoria terán lugar o día 31 de xaneiro ás 16:00 horas e o día 2 de febreiro ás 10:30 horas, na Casa da Cultura. As familias serán tamén convocadas por correo postal.

Exit mobile version