Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela comezará dous novos cursos de alfabetización dixital na vindeira semana

Nota de prensa:
O CONCELLO DE BURELA COMEZARÁ DOUS NOVOS CURSOS NA VIDEIRA SEMANA

Burela, 26 de xaneiro de 2012. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá na vindeira semana 2 novos cursos impartidos polo Concello de Burela.
O vindeiro día 1 de febreiro iniciarase un curso de “Alfabetización dixital: Procesador de textos” na aula CeMIT de Burela.
Os asistentes a esta actividade aprenderán a manexar o programa “LibreOffice Writer” para así poder crear os seus propios documentos cambiando o tipo de letra, inserindo imaxes e táboas, creando viñetas e numeracións, etc…
Este curso impartirase en horario de 19:00 a 20:00 horas, rematará o día 20 de febreiro e está dirixido a persoas cuns coñecementos básicos de informática.
Nesta semana comezará tamén o curso “Alfabetización dixital: Correo electrónico” dirixido a persoas con coñecementos básicos de Internet.
Con este curso amosarase a crear e manter unha conta de correo electrónico, desta forma, os participantes na actividade poderán enviar e recibir correos a través do ordenador.
O curso comezará o 3 de febreiro e rematará o 9 do mesmo mes. O horario será de 11:00 a 12:30 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es

Exit mobile version