Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo entregou os premios do XVII Campionato de Tute

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e varios membros do goberno municipal fixeron entrega dos premios do XVII Campionato de Tute Concello de Cervo. A clasificación final do campionato foi 1º Bar Paulino, 85 Puntos; 2º Mesón da Ría,77 Puntos; 3º Casa Do Mar, 73 Puntos; 4º Rest. O Castelo,72 Puntos; 5º Bar Camarote,71 Puntos; 6º Bar Río de Oro, 67 Puntos; 7º Bar Pedregal, 59 Puntos; mellor parella do Campionato: Julián e Billy do Bar Paulino. No acto recordaron ás persoas que faleceron durante este ano e que participaban neste campionato e, en especial, ao Policía Nacional desaparecido en A Coruña, Rodrigo Maseda López, fillo dun dos participantes desta edición.

Exit mobile version