Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo pediralle ao grupo de goberno que dea conta en pleno da execución das obras acometidas no entorno da catedral

Nota de prensa

O PP de Mondoñedo pediralle ao grupo de goberno que dea conta en pleno da execución das obras acometidas no entorno da catedral

O PP mindoniense critica a idoneidade desta inversión e os trastornos ocasionados durante a execución das obras

As obras que se comprometeron acometer como “melloras” por parte da empresa adxudicataria foron o criterio practicamente determinante de que resultada elixida para a realización das actuacións

Os negocios do centro histórico están a sufrir perdas ocasionadas polas reformas, xa que os cambios están a ocasionar unha situación complexa na circulación de vehículos e peóns

O Concello investirá 1.100.000 euros nunha zona que xa fora remodelada con anterioridade e mantíñase nun decente estado de conservación

Mondoñedo, 20 de xaneiro de 2012.- O Partido Popular de Mondoñedo criticou dende o inicio a obra de reordenación dos espazos públicos do entorno da catedral, rúa da Fonte e Praza do Seminario xa que os trastornos ocasionados durante a execución agravaron a situación. Agora o grupo local quere controlar o diñeiro o diñeiro invertido na mesma, especialmente o comprometido pola empresa para executar as melloras (actuación non obrigadas por proxectos pero comprometidas a realizar pola empresa adxudicataria)

Dado isto, O Partido Popular de Mondoñedo manterá unha actitude “rigorosa, estrita e crítica” no control de diñeiro que a empresa adxudicataria da obra de reordenación dos espazos públicos do entorno da catedral, ten vertido no proxecto de adecuación da zona, en concreto, na rúa da Fonte, na Fonte Vella e na Praza do Seminario. Para elo, o grupo popular pediralle ao goberno municipal que dea conta en pleno da relación de melloras, xunto coa súa correspondente valoración e certificación dos técnicos correspondentes, que se están a executar ou se levarán a cabo nesta localización.

O Partido Popular rexistra esta iniciativa conscientes de que as obras que están na piques de rematar son obxecto de múltiples críticas xa dende o seu inicio. O estrito control ben incentivado en boa medida pola repulsa que provocou a adxudicación das obras á oferta presentada por unha empresa desvinculada coa comarca e que despraza así a outras empresas que dan postos de traballo na zona.

Segundo traslada a portavoz do grupo popular, Elena Candia, as actuacións de renovación de servizos, pavimentación e reordenación dos espazos mencionados conlevaron, dende o inicio das obras, perdas económicas aos comercios das zona “das que non logran sobrepoñerse”. Esta situación acrecéntase a raíz das obras que dificultan a circulación de vehículos e de peóns. Un problema que se agrava coa inexistencia de zonas de estacionamento para os vehículos, xa que tal e como afirma a portavoz local, Elena Candia, a día de hoxe, dende o goberno local “non se lle deu resposta as ubicacións dos futuros aparcadoiros, no caso de levar a cabo estas adecuacións”.

Esta primeira fase do proxecto de ordenación do entorno da catedral ten reservada unha partida de 1.100.000 euros que se están a canalizar nun entorno, segundo explica Elena Candia, “cun aínda razoable estado de conservación” e cuxas beirarrúas foran remodeladas “recentemente”.

Exit mobile version