Site icon Crónica3.com A Mariña

O consello da Xunta acordou a aprobación definitiva do parque eólico de Sasdonigas en Mondoñedo

REFERENCIA
A XUNTA AVANZA NA IMPLANTACIÓN DE ENERXÍA EÓLICA COA APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO SECTORIAL DO PARQUE SASDÓNIGAS

 Neste parque, situado no concello lucense de Mondoñedo, instalaranse once aeroxeradores cunha potencia total de 17,6 MW
 O orzamento estimado deste proxecto é de máis de 16 millóns de euros

O Consello da Xunta de Galicia acaba de dar a súa aprobación definitiva ao proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Parque Eólico Sasdónigas, o que supón o último paso na tramitación autonómica deste parque, que se situará no concello lugués de Mondoñedo.

No Parque Eólico Sasdónigas instalaranse once aeroxeradores cunha potencia total de 17,6 MW, e unha vez posto en marcha permitirá a recadación de máis de 45.000 euros anuais en concepto de canon eólico. O orzamento estimado deste proxecto é de máis de 16 millóns de euros, para executar pola empresa promotora, Norvento SL.

A Consellería de Economía e Industria, que está a dinamizar todas as tramitacións e iniciativas relativas á industria eólica, ten en marcha o Plan Re-Forza, ao abeiro do cal se desenvolveu un concurso eólico que se está a converter no maior plan industrial de Galicia.

Con este novo paso, o Goberno galego, que traballa co obxectivo de que ao remate de 2012 estean autorizados na nosa comunidade un total de 6.500 megavatios de potencia eólica, avanza na implantación de enerxías renovables e na recuperación do liderado eólico da comunidade autónoma, reducindo a dependencia de fontes de enerxía contaminantes.

Exit mobile version