Site icon Crónica3.com A Mariña

O deputado do PP pola Mariña explica o seu traballo parlamentario aos cidadáns

Nota de prensa:

O deputado popular e Secretario da Cámara lexislativa galega “rendiu contas” da súa actividade parlamentaria durante o ano que vén de rematar

BALSEIRO DESENVOLVEU PRETO DE 250 INTERVENCIÓNS NO PARLAMENTO DURANTE O ANO  2011

Santiago, 04 de xaneiro de 2012.- Jose Manuel Balseiro efectuou hoxe balance da súa actividade no Parlamento de Galicia durante o ano que vén de rematar. Fixoo, segundo explicou, por “responsabilidade” xa que considera que os cargos electos deben “rendir contas” aos cidadáns sobre cal foi o seu traballo parlamentario, dar a coñecer o funcionamento das institucións públicas das que forman parte e efectuar continuos exercicios de transparencia.

Balseiro protagonizou, durante o ano 2011, preto de duascentas cincuenta intervencións no Parlamento de Galicia. Neste período o deputado rexistrou un total de 239 iniciativas parlamentarias ás que hai que engadir preto dun cento de intervencións como réplica ás iniciativas promovidas polos grupos da oposición ou en resposta ás comparecencias de membros do Goberno.

Os temas tratados foron moi variados, entre eles, destacan os relacionados coa pesca e coa Mariña lucense. En total, o deputado mariñán acumula máis de 650 iniciativas no que levamos de lexislatura e todo iso a pesar de que nesta ocasión compatibiliza a súa responsabilidade como deputado pola provincia de Lugo coa de Secretario do Parlamento de Galicia.

CONTROL E IMPULSO Á ACCIÓN DO GOBERNO

Segundo o desglose que deu a coñecer Jose Manuel Balseiro -citando fontes do rexistro oficial- a actividade parlamentaria pode dividirse en dous grandes grupos: Ou ben poden tratarse de iniciativas de control á acción do Goberno (fundamentalmente preguntas á Xunta e ás distintas Consellerías) ou ben iniciativas de impulso á acción do Goberno (mocións, emendas e proposicións non de lei) a través das que o deputado propuxo á Xunta que desenvolva determinadas actuacións de interese xeral ou positivas para a nosa comarca.

Seguindo este esquema Balseiro rexistrou 89 preguntas orais en Comisión, 42 preguntas preguntas orais en Pleno e 69 pregutnas para a súa resposta escrita. No ámbito do impulso á acción do Goberno, Balseiro rexistrou  25 proposicións non de lei en Comisión e 13 máis en pleno. A estas iniciativas das que é autor, hai que engadir ás solicitudes de documentación, emendas, debate de orzamentos e intervencións nas comparecencias de altos cargos da Xunta ante o Parlamento.

APROBADAS POR UNANIMIDADE

Un dos dos datos que quiso salientar Balseiro foi o feito de que todas iniciativas pedindo á Xunta que desenvolvera algunha actuación concreta foron aprobadas e incluso cinco delas por unanimidade, isto é, sumando aos votos do PP o voto favorable dos partidos da oposición: PSOE e BNG. Entre elas, recorda as proposicións sobre a continuación coa liña de traballo establecida por Portos de Galicia para asegurar, afianzar e expandir o volume de tráfico comercial do peirao de Mirasol, en Ribadeo (08.09.2011), sobre a dotación das instalacións dunha mariña seca e habilitar un espazo exterior de resgardo para os usuarios no Porto de San Ciprián (04.10.2011), sobre  o dragado integral da zona portuaria de Foz, co fin de que as distintas embarcacións poidan realizar as manobras de atracada, entrada e saída, sen risco de varada (01.12.2011) ou, máis recentemente sobre a posta en marcha das decisións e dos mecanismos precisos para a recuperación produtiva e a creación de novas oportunidades laborais na comarca da Mariña lucense central, nomeadamente nos concellos de Mondoñedo e Lourenzá (28.12.2011)

PORTAVOZ DO MAR DO GRUPO POPULAR

Tamén foron  múltiples os temas dos que versaron as distintas iniciativas parlamentarias. Destacan polo seu número ás relacionadas co ámbito da pesca e do marisqueo xa que Jose Manuel Balseiro é o portavoz popular para asuntos relacionados coa Consellería do Mar: destacan as dirixidas a reforzar as negociacións dos TAC e Cotas e sobre o aumento das cotas do lirio ou requerindo ao Estado que manteña o apoio á flota boniteira.

A MARIÑA PROTAGONISTA

Pero tamén outras específicas da Mariña lucense como é o caso da iniciativa sobre o impulso do corredor Barreiros-Ferrol de acordo cos prazos previstos no Plan MOVE e a licitación das obras do treito San Cibrao – Barreiros no ano 2011 para a súa posta en servizo no ano 2015 (Aprobada 7.04.2011), sobre a adopción pola Xunta de Galicia das medidas oportunas para garantir a asistencia e a participación dos escolares con discapacidade no Curso Internacional de Música organizado anualmente pola Asociación Interdisciplinar Músicosensorial para as Persoas con Necesidades Especiais, AIMPNE (Aprobada 28.04.2011), sobre os requirimentos que debe realizar o Goberno galego ao Concello de Viveiro en relación cos danos ocasionados nas vivendas do barrio do Celeiriño polas obras de edificación executadas nun terreo contiguo e coa súa rehabilitación (Aprobada 20.10.2011)

No ámbito das respostas a outras iniciativas promovidas desde a oposición, Jose Manuel Balseiro interviu no 2011 en debates plenarios acontecidos na Cámara sobre a o desbloqueo urbanístico de Barreiros, sobre as axudas á industria Cerámica de Sargadelos ou en cuestión como a creación dunha mesa para consensuar unha postura unitaria de cara á reforma da política pesqueira común.

(Ver cadro anexo)

Anexo: Cadro

Iniciativas parlamentarias – Jose Manuel Balseiro- Ano 2011
De control á acción do Goberno Preguntas Oral en Comisión 89
Preguntas Oral en Pleno 42
Pregunta Escrita 69
Solicitude de Información 1
De impulso á acción do Goberno Proposición non de lei en Comisión 25
Proposición non de lei en pleno 13
Total 239
Outras intervencións parlamentarias Emendas, comparecencias do Goberno, réplica a iniciativas da oposición, debate de orzamentos. 43
Exit mobile version