Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Burela, afanado en investigar ao antecesor, xustifica o cobro das súas dietas

Nota de prensa

O BIPARTITO BURELÉS DEIXOU EN XUÑO DE 2011 FACTURAS PENDENTES DE PAGO POR IMPORTE DE CÁSEQUE DOUS MILLÓNS DE EUROS. OS SOLDOS BRUTOS DAS DEDICACIÓNS DO BIPARTITO EN 2010 FORON DE 94.440 EUROS MENTRAS QUE OS DAS DEDICACIÓNS DO PP EN 2012 SERÁN DE 85.999 EUROS.

Burela, 27 de xaneiro de 2012. O equipo de goberno do PP asegurou onte no pleno ordinario celebrado en Burela que o bipartito burelés deixou en xuño de 2011 facturas pendentes de pago por importe de cáseque dous millóns de euros, concretamente 1.965.736’89 euros. “O PSOE non é quen para dar leccións de aforro e de contención do gasto”, aseguraron desde o equipo de goberno popular.

Estes datos e estas manifestacións están referidas a unha moción presentada polo PSOE sobre redución de soldos, dietas, etc. Para os populares, “non se pode nin se debe facer demagoxia neste senso, máxime cando en 2010 as retribucións brutas para dúas dedicacións exclusivas e unha parcial (que fan un total de 85 horas semanais) ascendían a 94.440’93 euros; en cambio, as retribucións brutas para as tres dedicacións exclusivas (105 horas semanais) durante o 2012 serán de 85.999’96 euros, é dicir 8.441 euros menos co PP. Menos cartos para o actual equipo de goberno por máis horas de traballo. Así é como se aforra”.

Ademais, os populares criticaron as referencias que fixo o PSOE sobre as dietas, e tiraron de datos, “Alfredo Llano cobrou de dietas por desprazamentos 1.728’86 euros en 2010, e 2.075’85 euros en 2011, desde xaneiro hasta que houbo o cambio de goberno. Desde o PP, durante os catro anos de bipartito, nunca criticamos o cobro de dietas, porque entendíamos, e seguimos entendendo, que as viaxes para facer xestións hai que facelas, a ninguén lle veñen traer nada á casa”. Os populares tamén criticaron a proposta do socialistas “por interesada: falan de baixar soldos e dietas, pero non falan nada de baixar outras percepcións que eles sí perciben”.

Por outra banda, os votos do PP, coa abstención de PSOE e BNG, serviron para aprobar unha moción de urxencia presentada polos populares sobre reformulación do sistema actual do sistema de cotas pesqueiras. O alcalde, José María González Barcia, indicou que “acababa de ter previamente ao pleno unha reunión co sector, para preparar as Xornadas de EXPOMAR do presente ano, e o sector está realmente preocupado polo sistema actual de cotas, que perxudica ao mundo do mar burelés”. O alcalde engadiu que “o equipo de goberno nunca se poñerá de perfil ante os problemas do sector pesqueiro, por eso tanto o Grupo Mixto como o PSOE deben explicar por que non apoian esta iniciativa”.

O equipo de goberno destacou a aprobación por unanimidade da ordenanza que regula o uso das tarxetas de estacionamento para as persoas con movilidade reducida, pactada, segundo a concelleira de Servicios Sociais, Diana Durán García, “coas organizacións que aglutinan a estas persoas”.

Finalmente, PP e PSOE votaron a favor da aprobación do I Programa de Integración Municipal, que contou coa abstención do Grupo Mixto. Desde o equipo de goberno popular quixeron mostrar o seu agradecemento a todas as persoas e colectivos que traballaron para elaborar o indicado programa.

Exit mobile version