Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Cervo anuncia que cortará alumeado público en zonas interurbanas de Cervo, Río Covo e San Cibrao

Nota de prensa
O GOBERNO MUNICIPAL DE CERVO ADOPTA MÁIS MEDIDAS PARA ECONOMIZAR E BUSCAR UNHA MELLOR EFICIENCIA NO CONSUMO ELÉCTRICO.

•    ADECÚASE O GASTO ELÉCTRICO AOS TEMPO DIFÍCILES QUE ESTAMOS ATRAVESANDO COA DESCONEXIÓN DE DISTINTAS FASES ELÉCTRICAS E ALUMEADOS INTERURBANOS

•    ELIMÍNANSE LUCES ORNAMENTAIS DE EDIFICIOS PÚBLICOS

•    REDÚCESE UN 5% O GASTO EN CONSUMO ELÉCTRICO MUNICIPAL

O Goberno Local de Cervo continúa a traballar na liña de economizar e buscar unha mellor eficiencia no consumo eléctrico.

Hai que recordar que nestes últimos anos, xa se fixo:

–    Investir máis de 300.000 € en distintas instalación de circuítos e luminarias de baixo consumo
–    Asinouse un convenio coa Xunta de Galicia e a empresa Philips para a instalación de tecnoloxía “led” por uns 50.000 €.

Con estas dúas medidas o que se acadou foi un aforro mínimo, practicamente  estancouse  o gasto eléctrico e pouco máis, xa que por outra banda o aumento experimentado no prezo da luz nestes últimos anos foi máis que considerable, o que contrarrestou as nosas actuacións.

Agora dáse un paso máis, e vaise levar adiante unha terceira fase na que se está adecuando o gasto eléctrico aos tempos difíciles que estamos atravesando tanto os cidadáns como as administracións, para iso:

–    Decídese desconectar distintas fases eléctricas, e os alumeados das zonas interurbanas tanto de Cervo como de Río Covo e San Ciprián, nestas últimas, algunhas fases xa non se conectan ao escurecer e outras desconéctanse a unha determinada hora da noite.
–     Asemade, estase traballando na concienciación dos distintos departamentos do Concello para facer un mellor uso eléctrico, sobre todo nos edificios municipais, nos que incluímos os colexios de infantil e primaria sitos no noso municipio e que o Concello costea a súa factura.
–    Tamén se eliminaron luces ornamentais de algúns edificios públicos.

Con todas estas medidas o Goberno Municipal de Cervo agarda poder aforrar en torno a uns 12.000 €, cantidade importante xa que supón, aproximadamente un 5% do gasto do consumo eléctrico total do Concello de Cervo.

Exit mobile version