Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno municipal de Burela asegura que a polítcia de persoal do anterior goberno foi un desastre

Nota de prensa

O EQUIPO DE GOBERNO CONSIDERA QUE EN POLÍTICA DE PERSOAL O PSOE NON É QUEN DE DAR LECCIÓNS A NINGUÉN. OS POPULARES AFIRMAN QUE OS SOCIALISTAS DEIXARON UN PUFO DE OITOCENTOS MIL EUROS DO QUE NON FALAN E LEMBRAN QUE O ANTERIOR ALCALDE NON ERA PRECISAMENTE MOI TRABALLADOR.

Burela, 21 de xaneiro de 2012. O equipo de goberno do Concello de Burela saiu hoxe ó paso da nota de prensa emitida polo PSOE local, manifestando que “en política de persoal, o PSOE non é quen de dar leccións a ninguén: quen provocou máis de cinco millóns de parados, quen recortou as pensións, non pode agora predicar”.

Os populares afirman que “durante o bipartito, a política de persoal foi un desastre: un convenio colectivo que xa tiña que estar aprobado hai un ano, e que vai ter que negociar o PP; unha relación de postos de traballo que leva catro anos agardando ver a luz, e que vai ter que facer o PP; determinados privilexios laborais que había e que tivo que correxir o PP, etc. Ese é o balance da política de persoal do bipartito, por certo, cunha concelleira de Persoal, que durante unha temporada sí que era unha auténtica espía”.

Desde o equipo de goberno consideran que “os socialistas son algo cínicos, porque onde gobernan eles, enténdase a Deputación de Lugo, sí que puxeron en marcha un sistema electrónico de control de horario, e cando estiveron na Xunta non sacaron o que xa había implantado. Polo tanto, non deben alarmarse, porque o que se vai implantar é algo absolutamente normal en administracións e empresas”. Ademais, os populares cren que “os socialistas queren usar aos propios traballadores como arma política, e non o imos consentir, non entraremos na manipulación das persoas”.

Tamén aseguran que “ao mellor o que acontece é que como o anterior alcalde non predicaba moito co exemplo no que a traballo se refire, non lle gusta que haxa un control por parte da administración local”.

Por eso que “a nivel de xestión, pouco ou nada pode decir: o plan de obras da Deputación tocoulle a Burela non porque o xestionara o alcalde, senón porque era para determinados concellos de certa entendida de poboación. Non moveron un só papel sobre o parque eólico e agora temos cáseque imposible rescatalo. Dous anos agardando polas promesas do anterior alcalde sobre as alegacións sobre o corredor Barreiros-San Cibrao, e vanse do goberno sen ter contestado.En catro anos non foron capaces de rematar Torrentes, etc. Esta é a xestión do bipartito”.

No que se refire á xestión que está a facer o PP no Concello de Burela, hai datos evidentes: rebaixa da cantidade que se lle adebeda a Espina; posta a disposición de solo para unha futura ampliación do Hospital da Costa; próximo remate do estudio de reordenación da dársena interior do porto; remate das obras de Torrentes; novas prazas gratuitas para aparcamento, etc. “Non hai millor cego ca o que non quere ver”.

O equipo de goberno no Concello de Burela reitera a grave situación económica herdada do bipartito, “o certo é que dos oitocentos mil euros de pufo non din nada, o que demostra que non lles importa en absoluto como se gastan os cartos de todos. Pero exemplos hai, que a cidadanía é bon que lembre: débeda de trescentos mil euros con Espina, retrasos de hasta dez meses nos pagos a Sogama e Celtaprix, retraso ¡dun ano! en pagar facturas das festas de 2010, retraso tamén dun ano en pagar a presencia de Burela en Xantar de Ourense, etc. Pero eses oitocentos mil euros nunca se van ingresar. Estes son os pufos que deixou o bipartito e xa veremos como se van tapando…”.

Finalmente, os populares pídenlle ó PSOE que faga oposición constructiva, “tén cinco concelleiros, e en seis meses só presentaron unha moción. Ésta é a oposición que fan os socialistas, carente totalmente de traballo”.

Exit mobile version