Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno municipal de Burela di que non acepta propostas nos grandes asuntos pendentes para o municipio

Nota de prensa

O EQUIPO DE GOBERNO CONSIDERA QUE O PSOE NON É QUEN DE DAR LECCIÓNS DE NADA NOS GRANDES ASUNTOS PENDENTES PARA O MUNICIPIO. OS POPULARES LEMBRAN QUE O PSOE TIÑA PREVISTO SUBIR A AUGA 2 CÉNTIMOS MÁIS POR METRO CÚBICO QUE O INCREMENTO APLICADO NA ACTUALIDADE.

Burela, 31 de xaneiro de 2012. O equipo de goberno no Concello de Burela considera que o PSOE non é quen de dar leccións de nada nos grandes asuntos pendentes para o municipio. Os populares aluden ao acceso ao porto, ao dragado do embalse de Rúa e tamén á ampliación do Hospital da Costa.

Desde o equipo de goberno lémbranlle ao portavoz socialista que “durante os catro anos que o bipartito pasou na Xunta o investimento realizado no hospital foi de cero euros, a pesares de que o señor Llano anunciou, polo menos en dúas ocasións, unha inversión de sete millóns de euros que, a día de hoxe, non se fixo”. O PP incluirá no PXOM 120.000 metros cadrados de solo para a ampliación do hospital, “algo que eles non tiñan previsto”.

Sobre o dragado do encoro de Rúa, os populares aseguran que “foi co bipartito na Xunta cando se eliminou esa actuación para facer cadrar os números dun proxecto que quedou aprobado no 2005 durante o último goberno de Manuel Fraga. Socialistas e nacionalistas para actualizar e reordenar ese proxecto, e á vista de que o presuposto se incrementaba de xeito considerable, decidiron eliminar algunhas das actuacións previstas. E unha foi o dragado do encoro de Rúa”. Os populares sinalan que “eles falan moi da suba do prezo da auga, pero eles xa a tiñan prevista e ían incrementalo dous céntimos máis por metro cúbico que o que nós aplicamos hai unhas semanas”.

O equipo de goberno no Concello de Burela di ser consciente “do retraso que acumulan as obras de acceso ao porto, pero esta paralización leva xa uns cantos anos. Por todo elo pensamos que no PSOE burelés non son quen de darnos leccións de nada”. Sobre impostos “nós non subimos nada, pero o bipartito en Burela sí subiu os vados e o imposto de vehículos”.

Desde o equipo de goberno manifestan que “a xente non é tonta e está a ver que nestes meses os servizos fundamentais do Concello non só se manteñen senón que se incrementan. Mantéñense todos os servizos sociais; axúdase aos centros para consolidar a xornada continúa polas mañás e para conciliar a vida familiar e laboral polas tardes; amplióuse a oferta na Escola de Música; fixéronse zonas de aparcamento gratuito; estánse atendendo necesidades de colexios e institutos; na Marosa hai unha persoa adicada a atender esas instalacións deportivas, algo que antes non había; fixemos o acceso á praia do Penoural, que tampouco había ata do agora; etc, etc”.

Os populares indicaron que “o bipartito despilfarrou 200 millóns das antigas pesetas en farolas. Un investimento que foi inútil para o aforro enerxético”.

No PP reiteran que “os membros do equipo de goberno con dedicación exclusiva traballan máis horas por menos cartos que os anteriores. A traballo non nos gañan, pero en vagancia sí e por goleada. En catro anos o bipartito burelés o único que fixo foi decirlle á xente que sí e despois non cumprir con ela”.

Exit mobile version