O IES de Foz convoca un Concurso de Microrrelatos coa temática da paz e o amor dirixido a todo o alumnado do centro. Poderá estar escrito en galego ou en castelán. A extensión máxima é de 250 palabras. Aqueles que queiran participar deberán entregalo antes do luns 6 de febreiro na biblioteca. O día 13 de Febreiro o xurado, composto por profesores do IES de Foz, outorgará tres premios: ao microrrelato máis divertido, máis orixinal e mellor escrito. Os gañadores recibirán un lote de libros, música ou cine.