Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP agradece a dispoñibilidade e implicación amosada polo conselleiro de Industria en Mondoñedo

Nota de prensa

Amosan que seguirán traballando para acadar os resultados positivos que espera esta comarca no ámbito do emprego e do desenvolvemento industrial

O PP agradece a dispoñibilidade e implicación amosada polo Conselleiro de Industria en Mondoñedo

Sinala que coa discriminación positiva a favor de emprendedores e empresas que invistan en Mondoñedo e no conxunto da comarca se está a cumprir un compromiso electoral formulado polo PP local.

Mondoñedo, 25 de xaneiro de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo está especialmente agradecido e orgulloso dos compromisos asumidos por parte do Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, así como do detalle e coñecemento que demostrou ter das necesidades que presenta o noso concello e a nosa comarca.

A implicación de Javier Guerra amosa a súa disposición de cumprir o compromiso electoral que no seu día propuxo o PP LOCAL. Os populares propoñían que a nosa localidade contara cun tratamento de discriminación positiva en apoio de emprendedores e inversores que quixeran promover os seus proxectos nunha área especialmente necesitada de iniciativas de creación de emprego

Os populares salientan que Javier Guerra explicou a intención da Xunta de poñer en marcha actuacións concretas, cantidades e prazos ao amparo das liñas das que dispón a Consellería –como é o caso, entre outros proxectos, do programa Impulsa Lugo–, e conforme así á iniciativa adoptada polo parlamento a finais de decembro, e na que se instaba a impulsar o emprego e economía da zona.

“A CLARIDADE e o serio análise de detalle da situación, denota que o traballo realizado por parte do noso grupo político dende que se presenta a desgraciada nova do peche de Finsa na nosa localidade, deu o seu froito”-din desde o PP

Os populares amósanse especialmente orgullosos do papel seguido polo representante en Economía e Industria, e subliñan tanto a DISPOÑIBILIDADE E ATENCIÓN, -que foi sen precedentes na historia recente da política mindoniense- como a colaboración COA MESA DE TRABALLO QUE ESTÁ A CREAR O PP EN MONDOÑEDO.

Os popualres aseguran que traballarán sen descanso para acadar resultados positivos para esta localidade, na que creemos e pola que como políticos temos a obriga de implicarnos e salienta a súa especial implicación despois da situación que está a producirse co anuncio dos ERES de Mobles Hermida e Ecar.

Exit mobile version