Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP amosase satisfeito de saber que é viable a construción dunha residencia en Foz

Nota de prensa

O actual Goberno galego demostra a vontade, credibilidade e compromiso coa execución desta residencia – asegura o deputado popular

BALSEIRO AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN TRAS COÑECERSE O ESTUDO DA XUNTA QUE ACREDITA A VIABILIDADE DA CONSTRUCIÓN DUNHA RESIDENCIA EN FOZ

Lembra que socialistas e nacionalistas votaron en contra da elaboración deste estudo coa intención de obstaculizar a posta en marcha dun novo centro que eles prometeron en época do bonanza e que o PP fará realidade en época de axustes e maiores dificultades.

Foz, 05 de xaneiro de 2012.- O deputado do PPdeG, Jose Manuel Balseiro, amosou a súa satisfacción tras coñecerse o resultado do estudo promovido polo Consorcio Galego dos Servizos de Igualdade e Benestar (dependente da Xunta de Galicia) que acredita a viabilidade da construción dunha nova residencia para a atención ás persoas maiores en Foz.

O parlamentario lembra que este documento é resultado dunha iniciativa que o propio deputado defendeu no Parlamento de Galicia, a petición do Partido Popular local. Balseiro salienta que a través deste estudo o Goberno galego demostra a vontade, credibilidade e compromiso coa execución desta residencia respecto da que xa adianta ten previsto redactarse o seu proxecto construtivo nas vindeiras datas.

O deputado popular significa tamén a súa ledicia porque desta vez as cousas seguiron o camiño correcto, “empezou a casa polos cimientos e non polo tellado como pretendian algúns” posto que xa existe un documento que non so acredita a idoneidade de levarse adiante este centro senón as características e necesidades ás que debe responder a nova residencia.

Balseiro quixo facer memoría para lamentar que o 14.12.2010, data na que foi aprobada no Parlamento a iniciativa pola que o deputado popular pedía á Xunta que elaborase este estudo, os partidos da oposición votaran en contra. “Mágoa que PSOE e BNG sempre sexan un obstáculo para conseguir esta residencia” comportamento que atribuíu a que eles, durante o bipartito, pese a telo prometido repetidamente, nunca fixeron realidade esta residencia, algo que si conseguirá o PP en épocas de axustes orzamentarios e maiores dificultades.

Exit mobile version