Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que creará unha mesa de traballo na que persoas coñecedoras e implicadas con Mondoñedo estudarán un plan de desenvolvemento para a cidade

Nota de prensa

Representantes de distintos sectores integrarán un grupo de traballo dinamizador da localidade mindoniense

O PP local creará unha mesa de traballo na que persoas coñecedoras e implicadas con Mondoñedo estudarán un plan de desenvolvemento para a cidade

O obxectivo desta iniciativa é o de marcar as directrices a seguir para reactivar unha zona cun cariz crítico tras os últimos acontecementos coñecidos en torno ás empresas Ecar e Hermida

A mesa de traballo permitirá executar a iniciativa aprobada por unanimidade o 27 de decembro no Parlamento na que se aprobaba unha discriminación positiva da Mariña

Mondoñedo, 23 de xaneiro de 2012.- O Partido Popular creará unha mesa de traballo na que participarán un importante número de persoas, cunha demostrada implicación con Mondoñedo e con claro coñecemento das características intrínsecas da cidade, co obxectivo de dar conta dos recursos que sustentan Mondoñedo e das directrices a seguir no futuro para o desenvolvemento local.

O obxectivo da iniciativa, liderada polo Partido Popular pero sen vinculación política, é o de poñer en marcha un plan de traballo no que participen representantes dos sectores máis importantes da localidade. A fin perseguida con esta proposta é a de marcar as directrices a seguir para reactivar unha zona cun claro cariz crítico, acrecentado tralos últimos acontecementos xurdidos en torno as empresas Ecar de Mondoñedo, e Hermida de Lourenzá.

Os populares cualifican de “necesaria” a creación de mesas de traballo que permitan materializar un plan de desenvolvemento para a cidade e executar así a iniciativa aprobada no Parlamento de Galicia o pasado 27 de decembro, na que se solicitaba unha discriminación positiva para o desenvolvemento da comarca da Mariña e nomeadamente de Mondoñedo e Lourenzá.

Con esta iniciativa aprobada no Parlamento galego e aprobada por unanimidade preténdese efectivizar a creación de novas oportunidades laborais na comarca da Mariña lucense central, especialmente nos concellos de Mondoñedo e Lourenzá.

Consideran que despois dos acontecementos anunciados recentemente debemos pasar a ACCIÓN, e os políticos deben liderar os cambios e asumir as responsabilidades que asumiron fai uns meses cos mindonienses, cos mariñáns, cos galegos e cos españois.

Ante esta pretensión de revitalizar o concello mindoniense, os populares levan estudando dende principios de ano a necesidade de crear mesas de traballo, que permitan materializar un plan de desenvolvemento local, e cuxa pretensión se fará agora efectiva.

Exit mobile version