Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés rexeita a abstención da oposición á súa proposta sobre a reformulación das cuotas de pesca

Nota de prensa

O PP burelés rexeita a abstención da oposición sobre a reformulación das cuotas de pesca.

Consideran que así “danlle as costas ó sector”.
Lembran que o sector vén demandando unha modificación das cuotas.

Burela, a 28 de xaneiro de 2012.- O Partido Popular de Burela amosou hoxe o seu rexeitamento ó posicionamento que tanto PSOE coma Grupo Mixto tiveron no pleno municipal burelés do pasado xoves, dada a súa abstención ante a moción presentada polo Grupo Municipal Popular sobre a reformulación das cuotas de pesca dentro do marco da Unión Europea.

Todo o mundo sabe, menos o PSOE burelés e o Grupo Mixto, que a actual distribución das cuotas de pesca levan moitisimo tempo manténdose constantes, a pesares da modernización e ampliación da capacidade da flota. Polo tanto, procede unha reformulación das cuotas, para adaptalas á situación actual e ás capacidades reais da nosa flota. Para eso se formulan solucións, como os dereitos transferibles de pesa que eviten a deslocalización da flota.

Tendo en conta que o sector pesqueiro de Burela está claramente a favor dunha reformulación do reparto das cuotas pesqueiras e tamén a favor dunha adaptación das mesmas ás circunstancias actuais, resulta incomprensible que os grupos da oposición se abstiveran, o que demostra a súa falla máis absoluta de interese ante esta problemática que vive o sector, e que o propio sector vén denunciando desde hai unha boa temporada.

Para o PP, a frase pronunciada polo portavoz socialista, Alfredo Llano, decindo que “o PP presentou esta moción baixándoa de internet para xustificarse”, demostra que este home ou non lé a información que lle debe mandar o seu partido, ou xa non lla mandan porque non a lé. Se estivera informado, sabería que non hai moito tempo todos os portavoces dos grupos parlamentarios galegos apoiaron a iniciativa da Xunta, na liña da moción presentada polo PP de Burela o pasado xoves.

Por eso, indiciou finalmente o PP burelés, todo o mundo debe saber que PSOE e Grupo Mixto lle deron as costas ó sector pesqueiro burelés. Parece mentira que

Exit mobile version