Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Cervo critica o PSOE a través do grupo de goberno e tamén agradece investimentos da Xunta

Nota de prensa

O GRUPO DE GOBERNO DE CERVO NON SE SORPRENDE POLA PETICIÓN DO PSOE DE PARALIZACIÓN DAS OBRAS DO CEIP Nº 1.

FAI CINCO ANOS O PSOE DE CERVO, CO APOIO DA XUNTA BIPARTITA, DEIXOU ESTE PAVILLÓN A MEDIAS, DESVIANDO OS CARTOS QUE SE IAN INVESTIR NO NOSO MUNICIPIO CARA A OUTROS CONCELLOS.

AGRADECER Á XUNTA DE GALICIA O INVESTIMENTO PARA REMATAR AS OBRAS.

O Grupo de Goberno do Partido Popular de Cervo, segundo declaración de Yolanda Pedreira, concelleira de Educación, non se sorprende polas manifestación realizadas polo PSOE de Cervo pedindo a paralización das obras do Ceip nº 1 de Cervo.

Fai cinco anos, eles mesmo, co apoio da Xunta de Galicia gobernada naqueles tempos polo bipartito, puxeron un tabique no medio do pavillón, conseguindo deste xeito, que este centro se convertera no único de Galicia con “medio” pavillón, desviando os cartos que estaba previsto investir no noso municipio cara a outros Concellos.

Dende o Grupo de Goberno do Partido Popular queren primeiramente darlle as grazas á Xunta de Galicia, que nestes tempos de dificultade económica na que todos nos atopamos, conseguiron sacar a diante unha partida orzamentaria para rematar esta obra que foi unha das indecencia máis grandes que nos fixo a Xunta bipartita, co apoio do PSOE de Cervo.

As obras, como non podía ser doutro xeito, estanse levando a cabo coas máximas medidas de seguridade, atopándose o perímetro da zona de obras valada para preservar a seguridade dos alumnos.

Preténdese que as obras estean rematadas canto antes para que a comunidade educativa desfrute por fin dun pavillón, que xa deberían levar utilizando cinco anos, rematando así o agravio sufrido durante este tempo.

Exit mobile version