Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lugo está satisfeito coa noticia do aprazamento da débeda que os concellos teñen contraída

Nota de prensa

En quince días con Rajoy no Goberno fíxose máis polos concellos que nos oito anos de Goberno socialista

Balseiro celebra a decisión de aprazar a débeda dos concellos co Estado e salienta o desafogo que suporá para os concellos da Mariña

Os entes locais da comarca adebedan ao Estado 3,2 millóns de euros froito dos erros de cálculo e irresponsabilidade do anterior goberno socialista.

Sinala o gran desafogo que vai a supoñer esta medida para as maltreitas facendas municipais e para permitir que se manteñan as políticas públicas dos concellos.

Lembra que a petición de devolver as liquidacións negativas en 10 anos en lugar de cinco é unha reivindicación que liderou o Goberno galego.

A Mariña, 17 de xaneiro de 2012. O secretario xeral do PP na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, expresou a súa satisfacción coa noticia de que o Goberno de Rajoy permitirá o aprazamento da débeda que os concellos teñen contraída co Estado. Unha débeda que, como lembrou o dirixente popular, non foi froito da actividade dos concellos senón das malas previsións orzamentarias e da irresponsabilidade do anterior Executivo de Zapatero.

Os erros de cálculo nas previsións económicas feitos polo goberno socialista central provocaron que os concellos mariñáns recibiran de máis en concepto de anticipos un total de 1,4 millóns de euros en 2008 e de 1,7 millóns de euros en 2009. Un saldo negativo total de 3,2 millóns de euros que o Estado lles reclamaba aos concellos e que tiñan que devolver en só 5 anos.

Para o dirixente popular, a decisión de aprazar a dez anos a devolución desta débeda demostra a sensibilidade do actual Goberno central coa situación económica dos entes locais e a súa aposta por evitar a quebra nas administracións máis próximas aos cidadáns: os concellos.

DESAFOGO

Nesta liña, Balseiro salientou o gran desafogo que vai supoñer esta medida para as arcas municipais e para as políticas económicas dos concellos. O dirixente popular considera que Rajoy deu un balón de osíxeno ao municipalismo rebaixando de xeito significativo o montante de devolución anual e ampliando a posibilidade de facelo durante a próxima década.

REVINDICACIÓN LIDERADA POLA XUNTA

Balseiro tamén quixo lembrar que a petición de poder devolver as liquidacións negativas en 10 anos en lugar de en cinco é unha reivindicación que se levou a cabo a nivel xeral polas comunidades, que foi liderada por Galicia, con Feijóo á fronte, e pola que Mariano Rajoy se interesou, como demostran os feitos.

Foi, por tanto, o Goberno galego o que solicitou varias veces no Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) ese adiamento e foi sumando apoios ata conseguir practicamente a suma de todas as autonomías.

Como conclusión fianl, Balseiro subliñou que en 15 días con Mariano Rajoy á fronte do Executivo central avanzouse máis e fíxose máis polos nosos concellos que nos tres últimos anos con Zapatero e os seus compañeiros socialistas á fronte do Executivo.

PARTIDO POPULAR

Cantidades a devolver – Liquidación negativa ano 2008

C. Corp Nombre TOTAL LIQUIDACIÓN
A REINTEGRAR
002 ALFOZ 89.065,79
005 BARREIROS 26.175,64
013 CERVO 0,00
019 FOZ 192.739,49
025 XOVE 93.856,69
029 MEIRA 24.408,71
030 MONDOÑEDO 129.475,84
038 OUROL 31.691,48
048 PONTENOVA (A) 56.607,49
051 RIBADEO 187.838,95
061 TRABADA 61.350,21
063 VALADOURO (O) 50.451,11
064 VICEDO (O) 35.062,42
066 VIVEIRO 314.135,17
902 BURELA 172.428,88
1.465.287,87

CANTIDADES A DEVOLVER – liquidación negativa ANO 2009
C. Corp Nombre TOTAL LIQUIDACIÓN
A REINTEGRAR
002 ALFOZ 40.150,39
005 BARREIROS 7.395,20
013 CERVO 0,00
019 FOZ 261.912,71
025 XOVE 77.678,22
027 LOURENZA 65.698,50
029 MEIRA 28.197,20
030 MONDOÑEDO 83.645,15
038 OUROL 51.563,80
048 PONTENOVA (A) 38.564,59
051 RIBADEO 343.788,38
061 TRABADA 48.728,47
063 VALADOURO (O) 16.594,64
064 VICEDO (O) 19.977,87
066 VIVEIRO 345.157,57
901 BARALLA 42.017,82
902 BURELA 308.115,27
1.779.185,78

Total ano 2009+2008: 3.244.473,65 EUROS

Fonte: Web do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas

Exit mobile version