Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lugo pide ao presidente da Deputación que non lles esixa a outras administración e que se implique no desemprego da Mariña

Nota de prensa:

O Presidente provincial lávase ás mans ante o problema do paro do que tan só parece preocuparse en períodos pre-electorais

Candia reclama a Besteiro que deixe de poñer deberes a outras administracións e implique á Deputación na loita contra o desemprego da Mariña

A voceira popular lémbralle que existe un acordo unánime das tres forzas políticas no Parlamento de Galicia instando á Xunta, Deputación e Estado a formular un plano de desenvolvemento industrial con apoio público para contribuír á dinamización económica da comarca e, nomeadamente dos concellos de Mondoñedo e Lourenzá.

Lugo, 19 de xaneiro de 2012.- A voceira provincial do Partido Popular, Elena Candia, instou a José Ramón Gómez Besteiro que “deixe de poñer deberes” a outras administracións e explique “como vai a implicar á Deputación no plan de recuperación productiva e do emprego” da Mariña lucense.

A dirixente popular considera que coas reiteradas declaracións nas que o Presidente provincial dirixe toda a responsabilidade á Xunta e escusa a inactividade da Deputación nunha hipotética falta de competencias, Besteiro pretende “lavarse as máns” ante os problemas de emprego que están a afectar á Mariña lucense.

Elena Candia explica que cando o bipartito provincial tivo vontade de colaborar no combate ao desemprego así o fixo, por exemplo poñendo en marcha o famoso e polémico programa Lugo-emprega “cos seus defectos e as súas virtudes”- di Candia- “Pero agora todo é agachar a cabeza, desatender as súas responsabilidades e botarlle a culpa aos demais”.

A voceira popular lémbralle a Besteiro que o conxunto das forzas políticas con representación no Parlamento de Galicia, isto é PP, PSOE e BNG aprobaron un acordo por unanimidade -e a proposta dos populares- polo que se pedía ao Estado, Xunta e Deputación provincial que formularan un plano de desenvolvemento industrial con apoio público para contribuir á dinamización económica da comarca da Mariña lucense e, nomeadamente, dos concellos de Mondoñedo e Lourenzá.

Elena Candia tamén amosa a súa sorpresa por escoitar a un socialistas falar de “técnicas de combate do desemprego” cando son os responsables da cifra máis elevada de paro da historia no noso pais. A deputada popular pregúntase non sen certa ironía se “Besteiro descubriu a problemática do paro despois do 20N, porque ata entón aplaudía con total apoio as políticas desenvolvidas polo PSOE no Goberno central e que nos levaron a afondar na crise e na situación de alto nivel de desemprego actual”.

Exit mobile version