Nota de prensa
O goberno local vén de subir recentemente as taxas municipais de recollida de lixo
O PP denuncia que o Concello leve seis meses sen recoller o vidro en Santa María Maior
Centos de botellas amoréanse no centro do pobo cerca da antiga escola parroquial e do parque de nenos, converténdose nunha zona perigosa para os máis pequenos
O contedor arredor do que se acumulan centos de botellas está situado a carón dunha parada de autobús onde a diario un neno colle o transporte escolar. Ademais, nas inmediacións desta zona do centro de Santa María Maior atópase o parque infantil e a antiga escola, que hoxe en día se utiliza como centro social.
Esta localización do cúmulo de botellas preto de áreas que frecuentan con asiduidade menores converte o lugar nunha zona perigosa para os máis pequenos xa que os cristais rotos das botellas poden ocasionarlles danos.
De igual maneira, ademais do impacto visual, a acumulación de vidro tamén se converte nun foco de contaminación dentro dun entorno rural como é o de Santa María Maior.
Ante esta situación e a non resolución do problema tras ser preguntado por el en pleno, o Partido Popular pídelle ao Concello que cumpra co seu deber e que non se “esqueza de realizar as súas labores diarias, xa que de pasar os recibos de cobro tampouco se olvida”