Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo deseña as principais liñas de traballo para este ano

Nota de prensa:

O Comité Executivo do PP e a candidatura coa que concorreu ás últimas municipais mantiveron onte unha reunión na Casa da Xuventude local

O PP de Mondoñedo deseña as principais liñas de traballo a seguir durante este ano

Os populares estudaron a necesaria creación de mesas de traballo que permitan materializar un plan de desenvolvemento para a cidade

Lugo, 5 de xaneiro de 2012.- O comité executivo do Partido Popular de Mondoñedo e a candidatura coa que concorreu ás pasadas eleccións locais mantiveron onte unha xuntanza na Casa da Xuventude do municipio co obxectivo de deseñar e analizar as principais liñas de traballo que os populares seguiran durante este ano.

As pautas que marcarán a actividade do PP mindoniense réxense pola pretensión de lograr indicios de recuperación produtiva en Mondoñedo e pola necesidade de controlar ao actual goberno local marcado, segundo asegura a portavoz local, Elena Candia, por unha xestión de “deixadez” e “abandono”.

Durante a reunión na que participaron máis de 30 persoas do partido, a portavoz local tamén explicou a iniciativa parlamentaria defendida polo grupo Popular na Cámara autonómica e aprobada por unanimidade, coa que se pretende efectivizar a creación de novas oportunidades laborais na comarca da Mariña lucense central, especialmente nos concellos de Mondoñedo e Lourenzá. Con este acordo os grupos parlamentarios instan ás distintas administracións a que se impliquen na procura de establecer negociacións e acordos con FINSA debido a intención da multinacional de pechar a factoría ECAR en Mondoñedo.

Ante esta pretensión de revitalizar o concello mindoniense sobre todo fronte aos últimos acontecementos que apuntan a un peche da fábrica Ecar, os populares durante a reunión estudaron a necesidade de crear mesas de traballo, que permitan materializar un plan de desenvolvemento local.

Así mesmo, os populares celebrarán o próximo catro de febreiro unha cea de confraternidade.

Exit mobile version