Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP explica que a Xunta e o goberno de Foz traballan conxuntamente para dotar de novos servizos o porto

Nota de prensa

O deputado amosa a súa satisfacción porque o dragado dispoña de data (antes do verán) e de orzamento (250 mil euros), tal e como lle pediu o Parlamento a Portos a iniciativa do propio Balseiro e a petición do alcalde de Foz

BALSEIRO SUBLIÑA QUE XUNTA E GOBERNO LOCAL ESTEAN TRABALLANDO CONXUNTAMENTE PARA DOTAR DE NOVOS SERVIZOS AO PORTO DE FOZ

“Unha vez máis os feitos demostran que queda desmontado o discurso da oposición. En Foz o PP será capaz de levar adiante o que nin socialistas nin nacionalistas puideron facer”, afirma

Santiago, 13 de xaneiro de 2012.- O parlamentario popular Jose Manuel Balseiro salientou hoxe o traballo conxunto que están a desenvolver a Xunta de Galicia e o actual Goberno local do concello de Foz, que preside Javier J. Castiñeira, ao obxecto de dotar de novos servizos ao porto desta localidade lucense.

O deputado amosou a súa satisfacción porque o dragado integral das dársenas portuarias e canle de acceso dispoña xa de data oficial confirmada, segundo o adiantado no día de onte polo Presidente de Portos de Galicia, Jose Juan Durán. As obras, dotadas dun orzamento de 250.000 euros, executaranse no verán ou incluso antes, xa que se as circunstancias climatolóxicas así o permiten poderán levarse adiante en primaveira.

NOVO CUMPRIMENTO A MANDATO PARLAMENTARIO

Balseiro lembra que, unha vez confirmada a execución do dragado, a Xunta está a dar de novo cumprimento a un mandato parlamentario promovido por el mesmo, na súa condición de deputado, a petición do PP local. Explica que o Parlamento de Galicia aprobaba o pasado 1 de decembro, por unanimidade, dotar a este proxecto dos apoios económicos necesarios para a súa execución

O deputado popular insiste que, coa boa nova respecto do dragado e o resto de investimentos previstos no porto de Foz, así como en días pasados co informe elaborado pola Xunta que acredita a viabilidade da residencia, “os feitos están a demostrar que quedan desmontados cada un dos discursos e críticas da oposición”. “En Foz o PP será capaz de levar adiante o que nin socialistas nin nacionalistas puideron ou quixeron facer, pero si prometeron”, insistiu Balseiro.

Exit mobile version