Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP informa que está aberto o prazo para solicitar axudas da Xunta dirixidas a ongs e asociacións que traballan con persoas en en risco de exclusion social

Nota de prensa

O Goberno galego apoia a implicación do tecido asociativo en beneficio das persoas con maiores desvantaxes sociais

BALSEIRO LEMBRA QUE ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DA XUNTA DIRIXIDAS A ONG´S E ASOCIACIÓNS QUE TRABALLAN CON PERSOAS EN EN RISCO DE EXCLUSION SOCIAL

As entidades beneficiarias poden ser as que elaboren todo tipo de programas dirixidos aos perceptores do RISGA, drogodependentes, ex reclusos, víctimas da violencia de xénero, mozos que estiveron en casas de acollida, ex prostitutas, emigrantes retornados con necesidades familiares, … etc.

Santiago, 25 de xaneiro de 2012.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro vén de lembrar que a Xunta de Galicia abriu o prazo para solicitar as subvencións -para o ano 2012- dirixidas ás entidades de iniciativa social que realicen programas para fomentar a inclusión na comunidade e a integración no mercado de traballo das persoas en risco de exclusión social.

As entidades beneficiarias poden ser as que traballen cun variado tipo de programas dirixidos a perceptores do RISGA, drogodependentes, ex reclusos, víctimas da violencia de xénero, mozos que estiveron en casas de acollida, ex prostitutas, emigrantes retornados con necesidades familiares, ..

O deputado popular convida a todas as asociacións inscritas como prestadoras de servizos sociais, ONG´s, asociación de enfermos, e entidades sen ánimo de lucro a solicitar estas axudas e louba o compromiso do o actual Goberno galego que a través desta convocatoria pretende apoiar ao conxunto do tecido asociativo que traballa en beneficio das persoas con maiores desvantaxes sociais.

As subvencións teñen por obxecto colaborar nun amplo espectro de programas: Desde actuacións tales como desenvolvemento das habilidades sociais e hábitos prelaborais ou técnicas de busca de emprego ata actuacións de formación básica e de tipo laboral específica e adaptada ás necesidades dos colectivos en situación de exclusión social, que permitan mellorar a súa cualificación socioprofesional.

A Xunta tamén podería financiar programas integrais de base comunitaria en zonas rurais que favorezan a inclusión social e laboral de persoas mozas, mulleres e colectivos con dificultades de inserción, ou actuacións de acompañamento social, que consistirán na posta á disposición dos usuarios, de servizos de apoio persoal e/ou familiar que faciliten o axeitado desenvolvemento de itinerarios de inserción sociolaboral.

As axudas cubren un amplo espectro de gastos, desde o financiamento dos custes do persoal necesario para a execución das actividades, gastos correntes das asociacións ou ONG´s solicitantes, así como outros tales como prestamos finaceiros e alugueiros.

Na nosa comarca existe un amplo número de asociacións, de iniciativa social ou vinculadas a organizacións católicas que desenvolven a súa actividade neste ámbito, atendendo a persoas en risco de exclusión social. Todas elas -lembra Balseiro- son potenciais beneficiarias destas axudas.

Exit mobile version