Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP provincial destaca como actividades do ano pasado sete foros sectoriais de interese social

Nota de prensa:

Xose Manuel Barreiro, presidente provincial do PP de Lugo fixo balance da actividade do partido desenvolvida durante o ano que ven de rematar

O PP na provincia de Lugo organizou ata sete foros sectoriais sobre temas tan diversos como sanidade, educación, servizos sociais ou muller

Barreiro explica que ten unha importancia vital seguir a liña emprendida de fortalecemento do partido e de creación de estas e outros actos chamados a potenciar a participación interna, o debate e a xeración de ideas.

Lugo, XX de xaneiro de 2011.- O presidente do Partido Popular na provincia de Lugo, Xose Manuel Barreiro, quixo facer balance da actividade desenvolvida por esta formación política durante o ano que vén de rematar e que significou en termos electorais un dos períodos nos que os populares teñen acadado un maior éxito nos últimos anos.

“Está claro que os lucenses deron o seu respaldo maioritario ao Partido Popular” -explicou Barreiro- “agora cómpre responder con moito traballo e dedicación á confianza que depositaron en nos e, neste obxectivo, ten unha importancia vital a liña emprendida durante o 2011 de fortalecemento do partido e de creación de estruturas internas de participación, debate e xeración de ideas”

Barreiro significou que o PP de Lugo desenvolveu ata sete foros sectoriais en materias tan diversas como a educación, os servizos sociais, a violencia de xénero, a sanidade ou o papel da muller na vida pública, que serviron como punto de encontro entre diversos membros do goberno da Xunta e edís, afiliados, simpatizantes e outros cargos públicos do Partido Popular na provincia de Lugo.

O presidente provincial tamén indicou que de xeito puntual, e co obxecto de abordar asuntos de interese que foron xurdindo, desenvolvéronse distintas xuntanzas sectoriais nas que se estudou desde a nova lei de augas, ata o balance da lexislatura socialista no Goberno central, os orzamentos da Xunta na anterior e actual anualidade ou unha reunión con traballadores sanitarios ante as novidades introducidas na xestión da Consellería de Sanidade.

Barreiro tamén explicou que desde o PP lucense convocáronse cada dous meses reunións da súa Xunta Directiva nas que se procuraba a presenza dalgún conselleiro co obxecto de adiantar as liñas desenvolvidas polo seu departamento. Tamén contouse coa prensenza de Alberto Núñez Feijóo quen co-presidiu estas xuntanzas despois de cada un dos procesos electorais acontecidos no 2011.

O presidente provincial do PP de Lugo adiantou que esta formación política “ampliará máis -se cabe- cada un destes espazos de participación, que enriquecen a vida interna do partido ao obxecto de reforzar o compromiso con esta provincia”.

Barreiro aposta tamén por dar traslado periódico ata a cidadanía de todas as xestións que se desenvolvan no ámbito das novas responsabilidades de goberno. “A idea é manter un proceso de contacto continuo coa cidadanía. Un proceso que irá nunha dobre dirección. Por unha banda a necesaria rendición de contas sobre o traballo desenvolvido nas distintas cámaras por cada un dos cargos públicos lucenses, e pola outra un proceso permanente de recepción de ideas, suxestións e inquedanzas que nos permitan empaparnos, facernos eco e capitanear as principais reivindicacións e necesidades dos lucenses”

O presidente popular significou finalmente a importancia das reunións de coordinación que el presidirá e que terán lugar con periodicidade mensual e nas que participarán os distintos cargos públicos no Parlamento de Galicia, Deputación, Congreso e Senado. Segundo Barreiro serán un instrumento moi útil para impulsar a actividade do partido e trasladar propostas en positivo para o conxunto da provincia.

Finalmente o secretario xeral deu algúns datos que dan mostra do intenso traballo desenvolvido ata o momento, no que o PP na provincia de Lugo levou a cabo a constitución e renovación de 41 comités locais, 9 reunións comarcais coa totalidade dos concelleiros electos, oito congresos -entre eles o de Novas Xeracións-, 79 actos de presentación de candidaturas, varias convencións, e unha multitude de mitines e actos electorais.

Exit mobile version