Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente do Náutico de Ribadeo suxírelle a un asociado que acuda ao xulgado si ve ilegalidades

Nota de prensa

MARIO COTO INSISTE EN QUE A ADXUDICACIÓN DO MANTEMENTO DA MARINA SECA A UNHA EMPRESA ESPECIALIZADA NON SUPORÁ CAMBIO ALGÚN NOS DEREITOS E NAS CONDICIÓNS DOS SOCIOS. E RECOMÉNDALLE A RAMÓN ACUÑA QUE ACUDA AO XULGADO SI CONSIDERA QUE SE ESTÁN A PRODUCIR ILEGALIDADES NA XESTIÓN DO CLUB NÁUTICO DE RIBADEO.

Ribadeo, 11 de xaneiro de 2012. O presidente do Club Náutico de Ribadeo, Mario Coto, insiste en que a adxudicación do mantemento da marina seca a unha empresa especializada non suporá cambio algún nos dereitos e nas condicións dos socios. Coto recoméndalle a Ramón Acuña que acuda ao xulgado si considera que se están a producir ilegalidades entorno á xestión do CNR.

O presidente do Club Náutico de Ribadeo lembrou que “toda esta polémica empeza nas pasadas eleccións á directiva do Club Náutico de Ribadeo. Houbo un grupo de socios que dixeron aquí hai que actuar porque esto é unha guerra de constructores, así o manifestaron públicamente e así llo expuxeron a un servidor. Decían que se ía desfacer o Club Náutico, pero ningún daqueles socios que se erixía para formar esa directiva ou non podían, ou non querían ou pensaban que non ían chegar a ter un cabeza visible. Puxéronse a buscar un e atoparon a Ramón Acuña, que chegou para salvar ao Club Náutico porque ía haber unha desfeita por culpa deses dous contructores”. Mario Coto dixo que “a partires de agora vóulle chamar o salvador do Club Náutico. Foron as eleccións, perderon os que estaban e eles non chegaron. E dixo o salvador do CNR que si chega a durar un mes máis a campaña desas eleccións arrasarían. Eles quedaron convencidos así e nós puxémonos a traballar para e polo Club Náutico de Ribadeo”.

Deformación profesional

Coto relatou que “á primeira de cambio nunha asamblea alí foron o salvador e os seus acompañantes e armaron un follón. Eu penso que eso é deformación profesional, debido ao paso do salvador pola política hai anos. E hai a quen despois de estar na política gústalle manipular, desviar a atención e poñer en dúbida para que a xente crea que pasa o que non pasa. Igual lle quedou esa deformación e así veu actuando esta persoa desde que esta directiva preside o CNR”. E engadiu que “acto seguido manifestan que van presentar unha moción de censura, eso sóname de novo a política. Nos estatutos do CNR está contemplado, pero nunca se lle ocurriu a ninguén facer iso. Cacareada moción de censura para botarnos do club porque éramos un desastre e ao final nada de nada”.

O máximo responsable do Club Náutico de Ribadeo contou que “despois houbo outra asamblea e aí está o meu problema con este señor que di que non se entera do que estamos a facer. Ese día collen e vánse e deixaron sós aos socios que os apoiaron e fóronse. A min recordóume os follóns que se arman nos plenos onde a oposición se cabrea co alcalde e co equipo de goberno e collen e vánse. E logo din que non se enteran do que se fai no Club Náutico de Ribadeo. Como quedaron sen rumbo e eu todo o que fago publícoo con toda a valentía e toda a honradez do mundo. Hai uns días contamos que imos darlle a xestión da marina seca a unha empresa náutica, si lle interesa a alguén”.

Mario Coto asegura que “as verdades quen as conta é este presidente que está aquí. A marina seca para os socios vai quedar nas mesmas condicións, si é que algunha entidade náutica a colle, e cos mesmos dereitos. Desde que estamos nós os socios teñen máis dereitos dos que tiñan antes, tampouco non hai que olvidar que os socios teñen unhas obrigas, e a Acuña concretamente houbo que decirlle desde o CNR que tiña unhas obrigas co Club Náutico de Ribadeo. Eso non queremos escoitalo claro, só queremos remexer e deixar a incertidume sobre o que vai ocorrer. As verdades decímolas nós porque eles non saben de qué vai esta vaina para nada, só remexen como se fora na política”.

Barco amarillo

O presidente do Club Náutico de Ribadeo recoméndalle a Ramón Acuña que “si ve que hai algunha ilegalidade entorno aos estatutos polos que se rixe o CNR ou algunha ilegalidade civil na xestión desta directiva e deste presidente que vaia ao xulgado automáticamente e que nos denuncie e alí se dirá quen ten a razón, porque eu creo na xustiza. Tamén me da algunhas recomendacións él a min e fala dun barco amarillo. Sr.Acuña cando vostede volte falar do barco amarillo váiase ao xulgado porque esta directiva tomará as medidas oportunas sexan as que sexan para que demostre o que veladamente quere decir con esa expresión. Abstéñase de falar do barco amarillo públicamente, porque senón terá que facelo no xulgado”.

Coto reiterou que este ano haberá eleccións no Club Náutico de Ribadeo e dílle a Acuña que “si se queren presentar as eleccións do CNR teñen tempo de prepararse, Sr. Acuña traballe polo Club Náutico e deixe de mentir e de poñer en tela de xuizo si nós somos honrados e facemos as cousas ben. E vostede cumpra coas súas obrigas que cos deberes vai cumprir o Club Náutico de Ribadeo”.

Exit mobile version