Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Alfoz pide que se inclúa nos orzamentos de 2012 o remate de alumeados

Nota de prensa

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE ALFOZ EXPÓN:

Que , ó abeiro do disposto no Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, aprobado polo R.D. 781/86 de 18 de abril e do Reglamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xurídico das entidades locais, aprobado polo R.D. 2568/86 do 28 de Novembro, e da Lei 5/1997 do 22 de Xullo da Administración Local de Galicia, presenta a seguinte MOCION para a súa discusión no PLENO:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Durante estos últimos anos instalaronse alumeados públicos en detintos barrios, estradas e vías públicas, sin ter en conta unhas prioridades obxetivas, como podía se densidade e edade poboacional, seguridade víal, actividade socio económica,etc..Por non seguir estos criterios actualmente hai alumeados que non prestan ningún servicio, están infrautilizados con un gasto superfluo para o Concello, serva de exemplo as Áreas Recreativas de O Frenazo e A Naranxa, Estradas con pouca densidade de tráfico, Barrios sin poboación, e en cambio atopamos outros barrios con poboación nova e moita actividade agropecuaria e estradas con bastante tráfico de vehículos que carecen de este servicio mínimo .Tamén consideramos que non pode haber ciudadáns de primeira que disfrutan deste servicio mínimo que contempla o Artgo. 81.a da Lei 5/1997, do 22 de Xullo, de Administración Local de Galicia, e en cambio outros carecen deste servicio mínimo para realizar as súas actividades diarias considerándose ciudadáns de segunda clase.

Consideramos que a Estrada de Ferreira-Mondoñedo nos tramos de Vilaude e a Granda deberían ter terminados os seus alumeados pola seguridade vial dada a densidade de tráfico que soporta e o carón dela discurre unha senda peonil con zonas completamente oscuras.

Outros barrios que consideramos que é prioritario a instalación de alumeados públicos porque reúnen as condicións obxetivas que antes enumeramos, poboación e actividade agropecuaria, son os barrios Aguillón, As Airas e Arribadorío na parroquia das Oiras, os de Campoverde,Campodapereira,Currás,Escairo,Gabián,Machuco,OspicioPlantio,Portodreito,Ribada, Suoto situados na zona da Azoreira na parroquia de Lagoa.

É por iso, que o GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA presenta esta MOCIÓN para que se debata ante o Pleno desta Corporación e se tome o seguinte ACORDO:

1º-. Incluir nos Presupostos do 2012 como prioritario a terminación do alumeado da Estrada Ferreira-Mondoñedo nos tramos de Vilaude e Granda e a realización dos alumeados nos barrios das parroquia de Lagoa e Oiras que antes reseñamos.

2º- En caso de non haber disponibilidade presupostaria nesta anualidade incluilas nas seguintes ata a súa relización definitiva

Exit mobile version