Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo lamenta que a visita dos nosos políticos a fitur non se reflexe como debera nos resultados turísticos

Nota de prensa

O PSOE DE CERVO LAMENTA QUE A VISITA DOS NOSOS POLÍTICOS A FITUR NON SE REFLEXE COMO DEBERA NOS RESULTADOS TURÍSTICOS

-Piden explicacións das actividades e xestións realizadas polos representantes do Concello durante a visita a Madrid, “ou é que simplemente van de excursión”

-Aseguran que “somos os únicos que levamos dúas concelleiras, e mentras, os veciños quedan sen luz. Isto non é máis ca outro exemplo da mala xestión económica do señor Villares”

CERVO, 20 DE XANEIRO. Ata o vindeiro domingo, estase a celebrar a Feira Internacional do Turismo, FITUR, en Madrid. A Agrupación Socialista de Cervo subliña a importancia da promoción turística para o concello, “somos un municipio que vive moito do sector turístico e da época estival. A participación de representantes locais nesta feira debería dar resultados positivos ano a ano, pero lamentablemente, os datos non reflexan un incremento de visitantes destacable dende que levamos asistindo”.

O Concello de Cervo leva acudindo varias edicións consecutivas e “non se notan os resultados. Non sabemos qué actos ou qué actividades de promoción da nosa vila realizan os alcaldes e concelleiros/as que viaxan ata Madrid ou se simplemente van de excursión”.

Ademais de sacar a foto e augurar bos resultados da visita, os nosos representantes, neste caso, as concelleiras Begoña Alonso e Pilar Álvarez, “deberían explicar qué material publicitario mostran, qué información, qué folletos, qué actos, presentacións ou campañas de promoción preparan para atraer os visitantes e turistas ó Concello de Cervo”.

Dende o GMS piden explicacións das xestións realizadas ó noso paso por FITUR e que “tódolos gastos da viaxe se convirtan en futuros beneficios a nivel turístico e económico. Deberíamos obter resultados o doble de bos que outros concellos xa que somos os únicos que levamos duas representantes”.

Neste senso, os socialistas insisten en que “xa se poden notar bos resultados, porque mentras as dúas concelleiras visitan FITUR, os veciños quedan sen alumeado público. Este non é máis ca outro exemplo de que hai moitos servizos innecesarios que asume o equipo de goberno, mentras toma medidas de recorte que afectan a tódolos cervenses. Outro exemplo da mala xestión económica que está levando a cabo o noso alcalde, Alfonso Villares”.

Exit mobile version