Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de do Valadouro e Alfoz consideran unha falta de respecto institucional a visita da conselleira de Traballo

COMUNICADO DE PRENSA

PSdeG – Psoe de O Valadouro e Alfoz. Grupos Municipais.
Reunidos os grupos municipais PSdeG – PSOE Alfoz e
Valadouro ante a visita da conselleira de traballo a clausura do
obradoiro de emprego, queren manifestar o seguinte;
Mostrar a nosa perplexidade por falta de respeto
institucional mantida por parte do presidente da Mancomunidade
“Río de Ouro” D. Emilio Lousas e po la conselleira de traballo Dña.
Beatriz Mato, po la utilización partidista e torticeira dos fondos de
políticas activas de emprego financiadas po lo fondo social
Europeo. Po lo tanto diñeiro de todos os contribuíntes, no so dos
cargos públicos do PP. E a enesima vez que tan ilustres persoeiros
veñen a noso Val a facer propaganda sectaria convertendo como xa
e costume actos institucionais en actos partidistas, ningún membro
dos grupos que formamos partes das corporacións municipais
(exceptuando os do PP, claro) sabiamos nada de tal evento,
ocorrésenos que a o mellor así o fan para que así ninguén lles
recorde os continuos incumprimentos para con nos. Serva como
exemplo a falta de pediatra, os recortes en educación, a paralización
da concentración parcelaria de Alfoz, o parque industrial, a nula
inversión en saneamentos e así un largo etcétera.
E tamén curioso que mentres se anuncian recortes en
temas tan fundamentais como sanidade, ensino o dependencia, se
faiga un despliegue, con conselleira, superdelegada e todo o seu
séquito para una simple entrega de diplomas de un obradoiro de
emprego. Una conselleira do goberno Galego en época de crises
con numerosos E.R.E.S. afectando a nosa comarca, no terá outras
cousas mais importantes que resolver?? Por certo vaia un modo de
predicar austeridade

Exit mobile version