Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz apoia que o goberno do Estado retire a subida do IBI

Nota de prensa

O PSdG-PSOE de Foz e no seu nome o Grupo Municipal Socialista, presenta unha moción para solicitar ao Goberno do Estado a retirada da subida do IBI aprobada no Real Decreto Lei 20/2011.

O PSdG-PSOE de Foz denuncia a repercusión que o incremento aprobado polo Goberno do Estado vai supoñer aos veciños no pago do IBI (Contribución urbana e Rústica), logo de que o Goberno do Partido Popular, impoña aos Concellos unha subida deste imposto que nalgúns casos pode chegar o 10% dependendo da antigüidade das revisións catastrais.

Os socialistas consideramos que:
É unha inxustiza para a cidadanía ter que pagar esta subida, debido a que supón una carga importante para as familias, gravando as súas economías en momentos de crise moi acentuada.
Esta feita dunha maneira improvisada, incorrecta, sen debate parlamentario e con unha prisa excesiva .
Deixa quedar mal os Concellos con previsións feitas de ingresos e gastos para o ano 2012

Consideramos que deste xeito, o PP, esconde a medida que tiña que tomar de maneira solidaria para os Concellos, como é o maior financiamento para os Municipios dentro do reparto Territorial, promesa feita polo PP e que como podemos comprobar se substitúe por unha medida arbitraria de fondo calado.

Por todo o exposto o PSdG-PSOE de Foz e no seu nome o Grupo Municipal Socialista, presenta unha moción, para solicitar do Goberno do Estado a retirada da subida deste imposto aprobada no Real Decreto Lei 20/2011

Exit mobile version