Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz denuncia o estado de suciedade no que se atopaba, ás doce do mediodía do domingo, o paseo da Rapadoira

Nota de prensa

O PSdG-PSOE de Foz denuncia o estado de suciedad no que se atopaba, ás doce do mediodía do domingo, o paseo da Rapadoira.

Non é de recibo que as inmediacións da Praia da Rapadoira, se atopen neste estado de desleixo. Sabemos que os efectos do botellón non son novos e non hai unha maneira sinxela de loitar contra eles, o que é novo é que a media mañá non este realizada a limpeza das areas afectadas.

Precisamente cando Foz se atopa en plena celebración da festa do berberecho, é lamentable e incomprensible, que o noso pobo presente esta imaxe de desleixo nunha zona tan emblemática como o entorno da praia da Rapadoira a veciños e visitantes.

De todos é coñecida a campaña despregada polo grupo de goberno do Concello de Foz, baixo o eslogan de “Quero Foz, Coido Foz”, “Queremos Foz por iso coidamos del. Desde o Concello poñemos todos os nosos esforzos en dotar ao noso pobo das mellores instalacións, dos máis completos recursos, para que todos os veciños e veciñas, así como visitantes, queran a Foz”, reza a web municipal. Os socialistas de Foz esiximos ao Sr Alcalde de Foz que faga uso deses “completos recursos” e os poña a traballar, para que non se teñan que repetir escenas como as vistas na fotografía que acompaña ou as que padecen outras zonas do noso municipio onde a limpeza deixa bastante que desexar.

Exit mobile version