Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz denuncia que o alcalde esta arrancando árbores e plantas e substituíndoas por formigón

Nota de prensa

O PSdG-PSOE de Foz denuncia que o Alcalde esta arrancando árbores e plantas e substituíndoas por formigón.

Os socialistas, queremos denunciar a política medioambiental que esta levando o alcalde popular Sr Castiñeira, arrancando árbores e plantas e substituíndoas por formigón.

Na rúa Illa Nova estanse arrancando as plantas e árbores que existían nas illas verdes das beirarrúas, pero non para proceder a súa renovación, senón para asfaltar estas zonas.

Moita campaña publicitaria o favor de coidar Foz, moitos cartos gastados en contratar unha empresa de xardinería, pero escasa sensibilidade medioambiental é a que demostra o Sr Castiñeira.

Estas plantas e pequenas árbores melloraban a calidade ambiental e o paisaxe da rúa, facéndoa mais habitable sen molestar a ninguén, salvo como parece, ao PP no Goberno de Foz.

Motivos estes que nos fan preguntarnos, aos Socialistas, si detrás da decisión arrancar a vexetación destas beirarrúas e o asfaltado das mesmas, non se esconderá a utilización das mesmas para outros fins.

Exit mobile version