Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz denuncia que “unha veciña de Nois non foi atendida de emerxencia no PAC de Burela”

Foz 13/01/2012 Nota de prensa

José Maria García Rivera, Portavoz do PSdG-PSOE de Foz, manifesta que non se lles pode tomar o pelo aos Cidadáns nin aos Médicos que os atenden por problemas burocráticos, tras coñecer o caso de unha veciña de Nois que non foi atendida de emerxencia no PAC de Burela.

De todos coñecido que a Xunta de Galicia, e concretamente o Sergas, cando denegaban a Foz o PAC dicían, entre outras cousas que aos cidadáns de Cangas, Nois e Cordido resultáballes mais cómodo ir o PAC a Burela, e agora resulta que fan o que lles din dende a Consellería e non os atenden.

Queremos e respectuosamente solicitamos que a quen lle compete este tema o aclare e deixe de marear a perdiz, pois nos tempos que corren andar de un lado para outro e custoso e desagradable para os utilitarios de tan prezados servicios.

O PSOE tamén quere referir o seu malestar e desconformidade co informe para a viabilidade da residencia para Foz elaborado po la Xunta de Galicia; e algo incrible que se colla mais ou menos a documentación urbanística elaborada polo Concello de Foz co Goberno anterior e se plasme nun documento de apenas tres follas e onde non din exactamente nada de nada .

Debemos ser mais serios e o Grupo Municipal Socialista vai enviar o Grupo Parlamentario Socialista na Xunta de Galicia o referido “Mini-Informe” para saber si este informe é o que se refería o Sr.Balseiro no seu día.

Por outra banda a cidadanía está cansada de tanta propaganda co Porto de Foz, somos a risa da Comarca, anuncios, fotos, mais fotos e CERO obras, parece mentira que se lles tome de esta maneira o pelo aos mariñeiros e armadores locais, no que consideramos una falta de consideración total e una metedura de pata por anunciar obras imposibles que rayan o ridículo, os Gobernantes deben de ser serios e non andar todos os días a enganando os cidadáns.

José María García Rivera. Portavoz do Grupo Municipal do PSdG-PSOE

Exit mobile version