Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz esixe que a Xunta revise o informe da residencia de maiores e concrete prazas e prazos

Nota de prensa

OS SOCIALISTAS ESIXEN QUE A XUNTA REVISE O INFORME DA RESIDENCIA DE MAIORES PARA CONCRETAR PRAZAS E PRAZOS

-Despois de que o PP amose este interese pola residencia de maiores de Foz, “esperamos que se faga realidade e non quede nunha simple noticia”

-Levamos pedindo unha residencia para 100 persoas e centro de día dende hai moito tempo e “non consentiremos que constrúan unhas instalacións que non teñan capacidade para un concello como o noso”

A Agrupación Socialista de Foz amosou esta mañá a súa satisfacción despois de coñecer o interese da Xunta de Galicia pola ampliación da residencia de maiores, “alegrámonos moito de que o Partido Popular e o alcalde, Javier Castiñeira, empecen a darse conta das necesidades dos veciños e veciñas de Foz, aínda que todo parece un pouco extraño ó non ser nada concreta a información que se verte ós medios”.

Os socialistas esperan que este anuncio “non sexan fogos de artificio simplemente para salvagardar a inoperancia do noso equipo de goberno. Levamos moito tempo pedindo a creación dunha residencia de maiores que teña capacidade para 100 prazas e conte con centro de día, este informe da Xunta de Galicia non especifica os prazos de construcción nin as prazas concretas que albergará, segundo eles parece que todo se pode ir aumentando en función da demanda. Sería vergoñento que meses despois de rematar as obras, se desen conta de que o que fixeron non serve de nada”.

Esiximos que “se revise este informe e que se faga definitivamente unha residencia como merecen os veciños de Foz, que teña capacidade para un municipio como o noso. Non consentiremos que fagan un proxecto para saír do paso”.

Os socialistas pídenlle ó alcalde focense e á Xunta de Galicia que “concreten mellor as características destas instalacións” e que fagan público o seu traballo cando o vaian levar adiante pois “de anuncios que quedan en nada estamos moi acostumados. Esperamos que esta noticia sexa realidade en pouco tempo e que os nosos veciños poidan disfrutar da nova residencia en breve”.

Exit mobile version