Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo di que hai que considerar máis opcións que a de facer caixa coa venda da parte municipal da Torre dos Moreno

NOTA DE PRENSA

Declaracións do portavoz municipal Eduardo Gutiérrez

HAI QUE CONSIDERAR MÁIS OPCIÓNS QUE A DE FACER CAIXA COA VENDA DA PARTE MUNICIPAL DA TORRE DOS MORENO

O problema da precaria situación económica do Concello é un dos motivos mais citados polo Alcalde como explicación para todo tipo de decisións. E ademais a falta de axudas exteriores. Pero o que hai que preguntarse é pola sua política en áreas de enorme gasto, como é a de persoal e de mala organización xa que nada se fixo para racionalizar a distribución dos recursos humanos e tampouco para mancomunar servizos moi costosos e pouco rentables para o Concello de Ribadeo. E tamén sobre as xestións levadas a cabo coas administracións, un capítulo que tampouco pinta nada ben e no que fai falla iniciativa e sobran aldraxes e descalificacións.

Agora volve ao mesmo co asunto da Torre dos Moreno, onde perante os novos propietarios haberá que optar por participar proporcionalmente á parte do edificio que é de propiedade municipal, ou simplemente vender esa parte, opción que lle parece a mais pertinente. Pero o asunto non é tan simple. Argumenta que é mais importante a inversión en áreas como servizos sociais ou educación, pero no fondo o que precisa é facerse con cartos a toda costa. A educación non é unha obriga municipal e o que hai que facer é adaptarse á situación ou percurar axudas. En canto á importancia dos servizos sociais a sua primeira consideración, non nos trabuquemos, son os votos. E por iso precisa liquidez. E por iso opina que o mellor é vender.

A parte patrimonial do Concello na Torre dos Moreno é un asunto a considerar con moita calma e sen outras urxencias mais que buscar o mellor para Ribadeo. Na miña opinión hai que considerar outras opcións antes de vender. Por exemplo negociar a base de ceder unha parte da propiedade a conta da rehabilitación e que o Concello conserve unha parte da propiedade, ainda que sexa menor. E hai máis pontos de vista a considerar.

Exit mobile version