Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo organiza unha charla informativa sobre a construcción do parque eólico de Mondigo

Nota de prensa

Nota de Prensa
CHARLA INFORMATIVA SOBRE O PARQUE EÓLICO EN MONDIGO
Executiva da Agrupación Socialista de Ribadeo

O PSdeG-PSOE de Ribadeo organiza unha charla en colaboración có sindicato Unións Agrarias e na que intervirá José Antonio Diéguez, presidente da asociación de propietarios de terreos eólicos Ventonoso. Terá lugar na Escola de Cedofeita o martes, 3 de xaneiro, ás 9 e media da noite.
Esta charla xurde para abordar a construcción do parque eólico de Mondigo e co fin de proporcionar información e solventar as dúbidas e inquietudes xeneradas entre a veciñanza afectada das parroquias do Concello de Ribadeo e limítrofes.
A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, na resolución de decembro do 2010 de parques eólicos, concedeu o permiso de construcción de nove parques eólicos no norte de Lugo e entre os que están o Parque Mondigo e o Parque Cadeira. O de maior potencia de toda a comarca mariñá, con 45 megawatios, concedido á empresa portuguesa ESSUS Energía Renovable, S.L. e o de 18 megawatios para a empresa lucense NORVENTO, S.L. Prevese a súa posta en funcionamento a partires do 2015.

Exit mobile version