Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE esixe ao goberno galego que dote o CEIP de Covas, en Viveiro, con medios para garantir educación de calidade

Nota de prensa

O deputado mariñao rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias

ISMAEL REGO ESIXE AO GOBERNO DE FEIJOO QUE DOTE AO CEIP DE COVAS (VIVEIRO) CON MEDIOS PARA GARANTIR UNHA EDUCACIÓN EQUITATIVA E DE CALIDADE

– O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego dixo que os pais e profesores do centro educativo queren unha resposta obxectiva por parte dos responsables da administración educativa de Galicia

-Rego advirte que os pais non poden estar dedicando o seu tempo a reivindicar medios educativos previstos en decretos ou resolucións do goberno galego

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2012. O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego anunciou hoxe que rexistrou unha batería de inciativas parlamentarias nas que reclama ao Goberno de Feijoo que tendo en conta o número de alumnos do CEIP de Covas (Viveiro) e as singularidades da poboación educativa que ten que atender, proceda a dotalo dos medios materiais e humanos precisos, para garantirlles unha educación equitativa e de calidade á que teñen dereito.

O deputado explica na iniciativa rexistrada que a comunidade educativa do CEIP de Covas no concello de Viveiro leva meses reclamando á Consellaría de Educación a dotación de profesorado acorde coas necesidades do centro derivadas do número de alumnos, e as singularidades da poboación educativa que ten que atender.

Dixo que os pais e profesores do centro educativo queren unha resposta obxectiva por parte dos responsables da administración educativa de Galicia, co fin de garantirlles aos alumnos os medios materiais e humanos que lles permitan recibir unha educación equitativa e de calidade á que teñen dereito como recolle o propio decreto do Goberno galego.

Advirte que os pais non poden estar dedicando o seu tempo a reivindicar medios educativos previstos en decretos ou resolucións do goberno galego para garantir os dereitos da comunidade educativa e para garantir o ensino público e de calidade que sustentan os recursos que proceden dos seus impostos.

Exit mobile version