Nota de prensa
OS SOCIALISTAS ESIXEN QUE VILLARES XESTIONE A RETIRADA DE ZAORRA ACUMULADA NA RÚA DE ACCESO A IGREXA XA QUE LEVA ALÍ MÁIS DUN ANO
-O socialista, Francisco Mon, asegura que “son varios os veciños e colectivos que denunciaron o feito pero non viron resposta por parte do Concello”
-Afirman que “o material está inutilizando varias prazas de aparcamento e non ten ningún tipo de protección, a pesares de estar preto dunha zona de xogo infantil”
O concelleiro socialista, Francisco Mon, asegura que “distintos colectivos e veciños, a título persoal, teñen denunciado este feito, pero sen moito éxito, a verdade. Parece que a preocupación de Villares polos problemas dos cervenses é mínima, pois as obras para as que se utilizou dito material xa están rematadas dende hai meses.”
Ademais da deixadez total e absoluta do rexedor, dende o GMS engaden que “o material está inutilizando varias prazas de aparcamento, todo isto sen sinalización e sen ningún tipo de protección, a pesares de estar ubicado preto dunha zona de xogo infantil co risco que isto conleva. Pero a seguridade tampouco lle preocupa moito ó noso alcalde.”
Esiximos que “Villares exerza as súas funcións e atenda as peticións dos veciños, que xa están fartos de tanta pasividade”.