Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE reclama explicacións sobre o emprazamento da nova escola de Alfoz

Nota de prensa

ISMAEL REGO RECLAMA EXPLICACIÓNS SOBRE O EMPRAZAMENTO DA NOVA ESCOLA DE ALFOZ

– O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego dixo que o lugar escollido “esta afastado do centro principal, e do resto de centros de ensino da vila, e pegado ademais a unha importante industria madeireira, o que conleva un considerable movemento de maquinaria pesada”

-Quere coñecer que estudios realizou o Goberno de Feijoo sobre a evolución da poboación infantil nos últimos anos no concello de Alfoz e con que resultados?

Santiago, 25 de xaneiro de 2012. O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego anunciou hoxe que rexistrou unha iniciativa no Parlamento na que reclama explicacións sobre o emprazamento da nova escola de Alfoz.

Explica que a Xunta acaba de poñer en marcha un proxecto de restauración dun inmoble para a dotación dunha nova escola infantil, neste concello lucense.

Dixo que o lugar escollido “esta afastado do centro principal, e do resto de centros de ensino da vila, e pegado ademais a unha importante industria madeireira, o que conleva un considerable movemento de maquinaria pesada”.

Así as cousas advirte do numero de sombras existentes sobre as decisións adoptadas polo Goberno de Feijoo sobre o proxecto, por iso o deputado quere coñecer:

-Que estudios realizou o Goberno de Feijoo sobre a evolución da poboación infantil nos últimos anos no concello de Alfoz e con que resultados?.

-Cal é o investimento e o nivel de ocupación previsto na escola infantil de Alfoz?.

-Cales foron os criterios e os informes técnicos utilizados para a decisión do emprazamento da escola.?

Exit mobile version