Site icon Crónica3.com A Mariña

O señor das propagandas


CARTA AO SR.BALSEIRO

TITULO : O SR. DAS PROPAGANDAS

Si, así temos que titular o que di o Sr.Balseiro sobre a residencia de Foz, de propaganda e cousa pouco seria, debido a que este señor vendedor de ilusións e ningunha ou escasas obras para a Mariña nos anos que leva de Deputado polo PP, anuncios catrocentos mil, obras non existen por ningún lado e si non que o diga, para mostra a Estrada que tiña que estar realizada dende San Ciprián a Viveiro, estando os eucaliptos xa para vender outra vez para embalaxes para as cubas de San Cibrao.

Pero este distorsionador da realidade sole atacar coa mentira e a eso me refiro, di na súa nota aos medios de comunicación que na Residencia solicitada para Foz, se fixeron
as cousas empezando a casa polo tellado, cando se realizaron as xestións mais limpas e correctas que se poden facer para un proxecto e nos explicamos:

O que subscribe, Alcalde do Concello en aquelas datas, reuniuse co Patronato do Asilo, do cal formaba parte a miña persoa e solicitei a cesión de 4.000 metros de terreo na horta para poñer a disposición da Xunta para construír a residencia, a proposta foi aceptada.

Fomos á Notaria facer a escritura de cesión, levamos a cesión a pleno para ser aceptada pola Corporación, como así fixo, e puxemos a disposición da Xunta de Galicia o terreo solicitado.
A maiores, conseguimos 35.000 euros da Deputación a través do seu Presidente, Sr.Besteiro, para a elaboración do proxecto, o mesmo que anuncian vostedes, pero os señores gobernantes do PP de Foz non quixeron eses cartos, dicindo que debía ser a Consellería quen fixera Proxecto e obra, nada que obxectar.

Pero mire Sr.Balseiro, entre un proxecto, o que queríamos realizar a través da Deputación cos cartos conseguidos, e o que vostedes pretenden, hai diferencias claras, o noso proxecto era para 100 persoas na residencia e 40 no Centro de Día, e vostedes veñan contando unha milonga na que din que partiremos de 40 na Residencia e un Centro de Día do que nin sequera din a capacidade, nin din prazos. Ten que entender que Foz necesita un proxecto completo para o futuro e non un parche pasaxeiro.

Sr.Balseiro nun debate mantido con vostede no ano 2004 en Tele-Lugo, díxenlle daquela que vostedes foran incapaces de facer a Autovía do Cantábrico, (tramo Ribadeo-Bahamonde) e que agora que Goberna o Partido Socialista en Madrid ía ser unha realidade, vostede contestoume que non íamos a facer nada, pois mire, este humilde veciño colle xa a Autovía na Espiñeira, sae arriba de Lourenzá, volve a collela na Xesta e hasta Madrid, si é o meu destino, xa non a deixo.

Obras son amores e non boas razóns, esperemos que non teña que ser un Goberno Socialista quen faga realidade unha Residencia para Foz con capacidade para 100 persoas, como se merecen os nosos veciños e veciñas.

Pepe Rivera, Ex-alcalde de Foz.

Exit mobile version