Con motivo do novo regulamento do réxime das traballadoras do fogar, que entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro, o Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza unha charla informativa para expoñer os novos cambios que acaban de entrar en vigor e aclarar todas as dúbidas que existen ao respecto. A charla informativa terá lugar o próximo mércores, 25 de xaneiro, ás 18.30h na Casa das Letras de Ribadeo. A charla terá lugar en Ribadeo, o mércores 25, ás 18.30 na Casa das Letras