Site icon Crónica3.com A Mariña

Os combinados da Mariña de FS disputaron en Xove a segunda xornada para o Galego de Seleccións Locais

Nota de prensa
O pasado Domingo 8-1-2012 os combinados da Selección A Mariña de Fútbol Sala disputaron no pavillón Municipal de Xove a segunda e derradeira xornada correspondente á fase de clasificación para a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais que se celebrará en Lalin o vindeiro Domingo 29-1-2012, fronte ás Seleccións de Lugo.

A continuación, informamoslles dos resultados dos encontros:

?CATEGORIA BENXAMIN ás 16:30h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. 4-4 SELECCIÓN DE LUGO
Por parte da selección mariñana anotaron: Pol Bassa Mora e Noel Díaz do Burela FS,  Anxo Balea do AD Santiago de Foz e Diego Fernández do AD Praia de Covas.

?CATEGORIA ALEVIN ás 17:30h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S.  6-0 SELECCIÓN DE LUGO
Os goleadores do combinado alevin foron Fran Fiallega Fdez. do ED Pontenova con tres goles, Jorge Insúa do AD Praia de Covas con dous goles  Paulo González do ED Lourenzá.

?CATEGORIA INFANTIL ás 18:30h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S.  5-5 SELECCIÓN DE LUGO
Pola súa parte, os goleadores do combinado infantil foron Álex García con dous goles, Pablo Casas e Mamadou Diouf do Burela FS e Manuel Vázquez do ED Lourenza.

?CATEGORIA CADETE ás 19:30h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S.  2-5 SELECCIÓN DE LUGO
Finalmente, os goles do combinado cadete foron obra de Carlos Barbosa do Burela FS e Diego López do Colexio O Pilar.

Exit mobile version