Site icon Crónica3.com A Mariña

Os infantís do CD Foz gañaron no seus desprazamento e os cadetes empataron en Viveiro

Nota de prensa:

Xornada regular dos equipos base do C.D.Foz este fin de semana. Os INFANTIS foron os únicos que lograron a vitoria. Foi en Lugo ante o Ferroviaria por 0-2 no peor partido dos rapaces de Burunda. De todos modos seguen invictos e primeiros na clasificación pola súa parte os CADETES abandonaron a 1º posición da táboa ao empatar no Municipal contra o Viveiro (2-2) que parece que lle ten collida a medida aos focenses. De este modo quedan segundos a dous puntos do Praia de Cobas. Os XUVENIS de Elieo non pasaron do empate ante o Xove Lago co resultado tamén de 2-2 e seguen polos postos baixos da clasificación. Esperemos que a vindeira xornada se dea mellor. Aupa Foz Aupa

Foto banquiño do C.D.Foz Infantil con Burunda

Exit mobile version